mércores, 26 de novembro de 2014

NOTA ACLARATORIA

Dende o centro nos comentan que algún pai/nai pregunta porqué as actividades que a ANPA organiza( obradoiros de repostería, jumping clay, etc), son solo para os nenos de familias socias. Dende a ANPA aclarar este aspecto que o xustificamos polo seguro escolar que a ANPA ten contratado e que abrangue todas as actividades que organiza: aula matinal, comedor e as actividades extraescolares, sexan puntuais ou periódicas. Este seguro é persoal, con nome e apelidos, e cubre ao neno/a no acontecido durante estas actividades. Fóra do horario lectivo, de clases, os nenos /as que están no colexio, é porque están nalgunha actividade organizada pola ANPA, xa sexa na aula matinal, no comedor ou nalgunhas das extraescolares e para estes periodos é polo que se contrata este seguro obrigatorio. Este póliza é ampliable e a nome de cada neno/a, por iso, cando unha nova familia faise socia da ANPA e paga o seguro escolar  a ANPA envía os seus datos á aseguradora para a súa cobertura.  Este seguro é de carácter anual e o importe é de 7,50 euros.

Ningún comentario:

Publicar un comentario