domingo, 23 de novembro de 2014

2º CONCURSO DE DEBUXO E E PINTURA A PROL DA LACTANCIA MATERNA

Animamos aos nenos e nenas do cole a participar neste concurso organizado polo Hospital de Fátima de Vigo.
Podedes deixar os traballos dos vosos peques no local da ANPA e nos encargaremos de levalos todos xuntos.
Pódese empregar calquera técnica (rotus, témperas, ceras...).
A temática é a lactancia materna (mamíferos, o acto de amamantar...).
Hai que levalos antes do 5 de decembro así que nos esperedes ao último día para entregalos na Anpa, que trataremos de levalos un par de días antes.

No reverso de cada debuxo hai que escribir:
nome
data de nacemento
teléfono
correo electrónico dalgún pai, nai ou titor
población

Os nenos poden presentar máis de un debuxo pero só optarán a un premio.
Os traballos serán expostos do 23 de decembro ao 9 de xaneiro.
A entrega de premios farase o 18 de decembro nun acto presentado polo payaso Popín.
Os premiados serán avisados telefónicamente.

Haberá tres premios por categoría (poden participar tanto infantil coma primaria):
- nacidos entre o 1 de xaneiro de 2002 ata o 31 de decembro de 2004
- nacidos entre o 1 de xaneiro de 2005 ata o 31 de decembro de 2007
- nacidos entre o 1 de xaneiro de 2008 ata o 31 de decembro de 2010
- nacidos despois do 1 de xaneiro de 2011

Se os peques necesitan inspiración poden botar un ollo aquí e aquí

Ningún comentario:

Publicar un comentario