luns, 18 de abril de 2016

CAMPAMENTO DE VERÁN

XA PODEDES ANOTAR AOS PEQUES NA ANPA.

EXEMPLO DE HORARIO, SE ADAPTARÁ SEGUNDO AS CARACTERÍSCTICAS DOS GRUPOS.  OS NENOS/AS AGRUPARANSE POR IDADES.



luns, 11 de abril de 2016

AULA MATINAL

Está claro que con ganas e enerxía se poden facer cousas chulísimas incluso a estas horas! Grazas de novo María por convertir os momentos de aula matinal en momentos de aprendizaxe!















FACEBOOK DE MARIA, EN PÉ

OBRADOIRO DE INTELIXENCIAL EMOCIONAL

O Martes 26 de Abril terá lugar o obradoiro de INTELIXENCIA EMOCIONAL para nenos de infantil e primaria que se levará a cabo en horario de 16:00-17:00 nas instalacións do centro. Nesa hora unha monitora impartirá a actividade cos nenos mentres outra levará a cabo unha breve charla cos pais co fin de explicarlles en qué consiste a actividade, a importancia que ten formar ós nenos nese ámbito e os obxectivos que se acadan, para de esta forma abrir a posibilidade de impartila como actividade extraescolar no curso 2016-17.

A educación emocional é un complemento indispensable no desenvolvemento cognitivo e una ferramenta fundamental de PREVENCIÓN, xa que, moitos problemas teñen a súa orixe no ámbito emocional. Estudios mostran que se se entrenan estas habilidades dende idades tempranas os nenos son máis felices, máis confiados, teñen una mellor autoestima, autorregulan os seus estados emocionales negativos, teñen máis éxito na escola e mellores relacións sociais, manténdose estas habilidades ó longo da súa vida. Conciencia emocional, autocontrol, autoestima e habilidades sociais son os pilares básicos que sustentan esta actividade levada a cabo por PSICÓLOGAS dende hai 7 anos en diferentes escolas da provincia de Pontevedra.

Se estades interesados, é necesaria inscripción previa na ANPA.

Precio por neno/a: 1 euro