domingo, 31 de maio de 2015

FESTA FIN DE CURSO DA ANPA

DOMINGO 21 DE XUÑO. De 14 a 20 horas

Está moi próximo o fin de curso e a ANPA xa ten perfilada a festa para celebralo con todos os nenos e nenas do cole e os seus pais e nais. Como xa se informou a os pais e nais na asamblea do mércores 20 de maio, contratouse xa fai tempo a animación da empresa Animarte que vai pór a disposición dos asistentes tres hinchables e un hinchable de auga. Ademáis remataremos a xornada cunha festa da espuma. Todas estas actividades contarán con  monitores da empresa que velarán polo correcto uso dos mesmos e organizarán as subidas e baixadas dos peques para un mellor disfrute e seguridade.
Aparte disto, membros da ANPA encargaranse de preparar e organizar unha merenda para todos os asistentes incluída no prezo da entrada.
Haberá cantina con refrescos. Se algún pai ou nai quere colaborar con algún producto para vender na cantina agradecémolo (tartas, biscoitos...)
Asimesmo se coñecedes algunha empresa que queira colaborar coa ANPA para as festa poñédevos en contacto con nós. (un vale para algún servizo de perruquería, una vale para unha tenda,  algún agasallo, a donación de productos para a merenda...)


- De 14:00 a 17.00: Súper parque de bolas, Pista Americana e Mega Rampa.


-17:00: Merenda para todos os asistentes


-De 16.00 a 19.00: Tobogán de auga crocodrilo.


-De 19.00 a 20.00: Festa da espuma.

 
 
Advertencias da empresa de animación, Animarte: os nenos non poden tirarse polos hinchables sen camiseta nin pantalóns (agás os de auga) polo risco de queimaduras; non se pode usar o hinchable de auga coa festa de espuma polo risco de esvaramento.
 
No caso de choiva non poderán instalarse os hinchables no exterior e a festa cambiará na súa oferta e organización.





E se queredes recordar as fotos da festa do curso pasado...preme aquí
Foi a inauguración deste blog!!!
 
 
Xa están a venda no local da ANPA as entradas para a festa ao prezo de 3 euros para os membros das familias socias (pais, nais e fillos) e de 6 euros para non socios.

xoves, 28 de maio de 2015

PROPOSTA DE FOANPAS


PARQUE ARQUEOLÓXICO DE CAMPO LAMEIRO

O colexio xa mandou fai uns días a circular coa autorización para a Excursión de Fin de Curso para todos os nenos/as do colexio. Nesta ocasión visitarán o Parque Arqueolóxico de Campo Lameiro e será o martes 2 de Xuño. Os peques teñen a saída prevista do colexio ás 9.15 e a chegada para as 17.30 horas.
Recomendan roupa e calzado cómodo, así como una viseira e non estaría de máis que lles botemos crema solar na casa se houbera previsión de día soleado. Ademais levarán a comida e bebida para o día.
Como se vos informou nesta circular, os nenos/as de familias socias da ANPA, só teñen que pagar 5 euros dos 12 euros do custe total, polo que a ANPA subvenciona a cada neno/a con 7 euros.  Esta cantidade posta pola ANPA foi acordada por unanimidade dos 27 asistentes á asamblea do mércores 20 de maio.

web do parque
facebook do parque


mércores, 27 de maio de 2015

FESTIVAL DE FIN DE CURSO NO COLEXIO

Informámosvos que o festival de fin de curso que organiza o cole pola mañá coas actuacións dos peques vai ter este ano como novidade que non vai ser o último día de clases. Será o xoves 18 de xuño. Sabemos que hai xente que precisa sabelo canto antes para poder pedir o día no traballo para poder asistir.

martes, 26 de maio de 2015

TEATRO DE SOMBRAS

Lembrade que mañán ás 16 a 17 horas organizamos un espectáculo de teatro de sombras. O seu prezo é de 3 euros por neno, 5 euros para irmáns.
Inda estades a tempo de anotarvos.
enpevigo

luns, 25 de maio de 2015

ACTIVIDADES ORGANIZADAS POR FOANPAS

Actividades organizadas para os días 27 e 28 de maio para os/as nenos/as de 3º que non asistan a clase. SÓ PARA OS NOSOS SOCIOS:
- Mércores 27 de 10:00 a 13:00 visita ao Zoo.
- Xoves 28 de 10:00 a 13:00 actividades na praia de Samil (na Ponte de Rande). Haberá monitores/as pero os/as nenos/as teñen que ir acompañados/as por persoas adultas.
Hai que anotarse no 986298812 ou en foanpas@foanpas.com

martes, 19 de maio de 2015

REVÁLIDA DE 3º

Aquí vos poñemos diferentes enlaces nos que diferentes institucións xustifican o seu rexeitamento a esta proba que se vai realizar o 27-28 de maio.
cig-ensino- plataforma-galega-en-defensa-do-ensino-publico
anpasgalegas
steg



mércores, 13 de maio de 2015

NATACIÓN EN XUÑO

A piscina mandounos información dos cursos que se abren en xuño para os escolares que queiran continuar no programa de natación no mes de xuño.
Estes cursos son de dous días e o seu custe é de 21,10 euros ao mes.
Os nenos/as poden anotarse en dous horarios posibles:
luns e mércores de 16.45 a 17.30
martes e xoves de 16.45 a 17.30
Máis información na recepción da piscina. Podédesvos anotar a partir do 15 de maio.
 
APROVEITAMOS PARA DICIRVOS QUE NO COLE AS EXTRAESCOLARES SEGUIRÁN A FUNCIONAR EN XUÑO E QUE ESTAMOS A PREPARAR UNHA ÚLTIMA CLASE MOI ESPECIAL DA QUE XA VOS INFORMAREMOS MÁIS ADIANTE.

CAMPAMENTO DE VERÁN

Informámosvos que non se acadou o mínimo necesario de nenos/as para poder levar a cabo un campamento no cole este verán. Poñemos o enlace sobre algún dos campamentos que se van levar a cabo na nosa cidade por se fora do voso interese e que elaborou a web littlevigo.
Saúdos
CAMPAMENTOS DE VERÁN EN VIGO

luns, 11 de maio de 2015

ASAMBLEA ANPA MÉRCORES 20 DE MAIO


Estimadas familias:

Convocámosvos a unha Asamblea Xeral Ordinaria para o vindeiro mércores 20 de maio de 2015, ás 16 horas coa seguinte orde do día:

1.       Lectura e aprobación, se procede, da acta da sesión anterior.

2.       Servizo de aula matinal

3.       Actividades extraescolares

4.       Servizo de comedor

5.       Festa de fin de curso

6.       Estado das contas
 
7.       Cambios nos membros da xunta directiva

8.       Outros asuntos

9.       Rogos e preguntas.

Rogamos a asistencia de todas as familias debido a importancia da temáticas a tratar.

                                                                                                                             A Xunta Directiva da ANPA.

Este día haberá contacontos para os nenos/as, que pagará a ANPA na súa totalidade, á mesma hora ca asamblea para que facilitar a vosa asistencia.

mércores, 6 de maio de 2015

AULA DE MEDIODÍA


Estamos pensando en ofrecer de cara ao curso que vén, 2015/2016, a Aula de Mediodía, coa mesma filosofía que a Aula Matinal, en prol da conciliación familiar e laboral, e que xa está a funcionar noutros centros públicos. Nola exercería a empresa En pé, a mesma que xa nos está a facer Aula Matinal, e consiste básicamente na custodia dos nenos/as dende que saen ás 14 ata as 14.45. Estarían no ximnasio ou no patio exterior no caso de bo tempo, e poderíades vir recollelos/as cando poidades dentro deses 45 minutos. Este servizo está pensado sobre todo para aqueles pais/nais que saen as 14 horas do seu traballo. Se estades interesados, cubride o resguardo para entrégalo a Anpa, no local ou no buzón, para saber se habería un grupo mínimo de nenos/as.
Prezo:

Mes completo 25 euros/mes
Semanas alternas 20 euros /mes

CAMPAMENTO DE VERÁN

Xa levaron os nenos/as a nota sobre o posible Campamento de Verán que podería ter lugar no colexio no caso de acadar un número mínimo de usuarios/as. No caso de vos interesar tendes que cubrir o resguardo e entrégalo á Anpa, no local ou no buzón que temos na entrada antes do venres 8 de maio.

Estaría dirixido pola empresa NEOEDUCA e abranguería as semanas do 22 de xuño ata o 31 de xullo. O horario sería de 9 a 14, con posibilidade de madrugadores (de 8 a 9) e de sobremesa (de 14 a 15). O custe é de 45 euros semanais (madrugadores e sobremesa implican 6 euros mais cada un á semana). Dirixido a nenos/as de 3 a 12 anos. Faríanse actividades deportivas, culturais, lúdicas e creativas guiadas por monitores titulados. Inclúese no prezo todos os materiais e o seguro por responsabilidade civil.


 

sábado, 2 de maio de 2015

OBRADOIRO DE DECORACIÓN DE GALLETAS.

Mércores 29 de abril.
Nesta ocasión os nenos/as tiveron un obradoiro de galletas moi primaveral. Da gusto velos traballar co fondant para darlle forma e color ás flores! Un obradoiro que non se quixo perder una "vikinga" moi especial.