martes, 29 de novembro de 2016

MARTES 29 DE NOVEMBRO. ELECCIÓNS AO CONSELLO ESCOLAR

MARTES 29 DE NOVEMBRO. Elección dos representantes de nais, pais ou titores legais, do alumnado ao Consello Escolar do noso colexio.
Poderedes votar de 9 a 9:30, presentando o voso D.N.I.

sábado, 26 de novembro de 2016

RECOLLIDA DE SINATURAS

O noso colexio dispón na actualidade de tres aulas de infantil e seis de primaria , pero no catálogo da Xunta só ten recoñecidas dous en Infantil, e cinco en Primaria, o que repercute negativamente na educación dos nosos fillos:
- moito profesorado non é definitivo, e cambia anualmente
- non mandan ao mestre de apoio de Infantil que nos debería corresponder

Solicitaremos una entrevista con Xefatura territorial para demandar a ese mestre de apoio en Infantil e o recoñecemento no catálogo da Xunta, dunha unidade máis, tanto en Infantil coma en Primaria.

NECESITAMOS A VOSA COLABORACIÓN. PASADE POLA ANPA PARA ASINAR A NOSA PETICIÓN ANTES DO DÍA 2/12/16.

BREVE RESUMO DA ASAMBLEA DO 21/11/2016

Aquí tendes un moi breve resumo dalgunhas cousas que se acordaron ou debatiron nesta asamblea.
COMEDOR:
- Os monitores/as de comedor van realizar partes de incidencias diariamente, informaranse dos mesmos ás familias e pasaranse á Dirección do centro para que tome as medidas oportunas, todo isto, co fin de mellorar a convivencia e reducir no posible as conductas contrarias á mesma.
- Vaise estudar a posibilidade de insonorizar a superficie do comedor no que se detecta un forte eco.
- Recórdadase que a recollida dos nenos/as non pode ser antes das 15 horas, por motivos organizativos.
- Comunicar sempre ás monitoras cando recolladas aos nenos/as do comedor.
- Recolléronse varias queixas de país e nais sobre o servizo que van ser atendidas.

EXTRAESCOLARES:
. Recolleuse unha incidencia que xa foi atendida.
- Proponse levar a cabo alguna actividade conxunta familias-nenos.
- Alábase a labor de María no servizo de matinal e nas súas extraescolares.

CENTRO
- A dirección transmítenos a intención de levar a cabo as accións pertinentes que considere, para mellorar a convivencia do centro polo que pide a colaboración da ANPA e de todas as familias para trasnmitirlle todas as incidencias detectadas. A directiva da Anpa amosa total colaboración e apoio co centro neste aspecto.
- Estase a realizar una recollida de sinaturas para solicitar á Administarción Educativa a necesidade dun mestre de apoio para Infantil.  Cloborade pasando pola Anpa para asinar.

OUTROS ASUNTOS
- A finais do presente curso, o actual presidente da Anpa , e a tesoreira, deixarán o seu cargo. Calquera nai ou pai que desexe formar parte da Anpa pode pasar polo local a interesarse polas xestións que se levan a cabo para facerse cargo delas. Animámosvos a participar para poder seguir a xestionar a Aula Matinal, o Comedor e as Extraescolares.

sábado, 19 de novembro de 2016

RECORDATORIO DE ASAMBLEA ESTE LUNS

ASAMBLEA LUNS 21 DE NOVEMBRO

Estimadas familias:

Convocámosvos a unha Asamblea Xeral Ordinaria para o vindeiro LUNS 21 DE NOVEMBRO, ás 16 horas coa seguinte orde do día:

1.     Lectura e aprobación, se procede, da acta da sesión anterior.

2.     Valoración do desenvolvemento do curso (matinal, extraescolares, comedor).
     3.     Outros asuntos

4.     Rogos e preguntas.

domingo, 6 de novembro de 2016

AULA MATINAL













MENÚ NOVEMBRO


ASAMBLEA LUNS 21 DE NOVEMBRO


Estimadas familias:

Convocámosvos a unha Asamblea Xeral Ordinaria para o vindeiro LUNS 21 DE NOVEMBRO, ás 16 horas coa seguinte orde do día:

1.     Lectura e aprobación, se procede, da acta da sesión anterior.

2.     Valoración do desenvolvemento do curso (matinal, extraescolares, comedor).
     3.     Outros asuntos

4.     Rogos e preguntas.