mércores, 30 de setembro de 2015

AVISO IMPORTANTE EXTRAESCOLARES

ANPA CEIP VALLE INCLÁN VIGO
A vindeira semana, haberá clase de portas abertas, polo tanto gratuítas, de fútbol sala primaria o martes 6 de outubro e de multideporte primaria o xoves 8 de outubro. Só tendes que anotarvos no local da ANPA ou  enviando un email a anpavalleinclan@gmail.com
Na actividade de Baile Moderno hai anotados moitos nenos e nenas polo que para non ter que deixar a algún fóra plantexamos abrir un novo grupo o mesmo día, aos luns, de 17 a 18, así que se algún neno ou nena que esté anotado ás 16 quere pasarse ás 17 porque lle veña mellor que nolo diga. Asimesmo, podedes anotarvos os que por algunha razón ás 16 non puidérades.
Saúdos

COMEZO DAS EXTRAESCOLARES

ESTE XOVES É DÍA 1 DE OUTUBRO ASÍ QUE DARÁN COMEZO AS ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES.

xoves, 17 de setembro de 2015

BECADOS DE COMEDOR

O Colexio xa ten por fin a lista dos becados de comedor así que poñédevos en contacto ou pasade pola secretaría do cole para preguntar se estades incluídos.
Saúdos

mércores, 16 de setembro de 2015

Charla en Foanpas

Como pais e nais e por tanto,  parte da comunidade educativa dun centro público como o é o Ceip Valle Inclán, podedes asistir a estas charlas.
 
 

xoves, 10 de setembro de 2015

INICIO DO CURSO ESCOLAR

INFORMÁMOSVOS DE QUE XA ESTÁ A FUNCIONAR A AULA MATINAL E O COMEDOR ESCOLAR. QUEDAN PRAZAS LIBRES EN AMBOS SERVIZOS.
AÍNDA NON SE FORMOU GRUPO PARA FACER AULA DE MEDIODÍA, SE ESTADES INTERESADOS ANOTÁDEVOS NA ANPA.
EN BREVE, OS TITORES MANDARÁN POLOS NENOS E NENAS A NOTA DAS EXTRAESCOLARES QUE SE PORÁN EN FUNCIONAMENTO O MES DE OUTUBRO, XA PODEDES ANOTARVOS NO LOCAL DA ANPA.
SAÚDOS E BO COMEZO DE CURSO

menú setembro comedor


domingo, 6 de setembro de 2015

EXTRAESCOLARES CURSO 2015/2016


As Actividades extraescolares xestionadas pola ANPA son aquelas que se realizan en horario non lectivo, non lucrativas  e que teñen carácter voluntario e abertas a todo o alumnado de familias socias da ANPA. Para inscribirse nalgunha das actividades hai que cubrir o impreso e pagar a cuota de actividade e, é necesario ser socio/a da Anpa e estar ao corrente de pago nas cuotas de socio/a e do seguro de accidentes.

NATACIÓN. Dirixido ao alumnado de Infantil e Primaria. Organizado polo Instituto Municipal de Deportes e  que se realiza  na piscina de Lavadores. Os nenos teñen que ir pola súa propia conta acompañados por un adulto. Hai dous posibles grupos: Luns ou xoves de 16 a 16:45. Prezo: 29,60 euros por cuatrimestre para 1 día á semana. (1ºcuatrimestre: outubro, novembro, decembro e xaneiro; 2º cuatrimestre que se paga en xaneiro; febrero, marzo, abril e maio). Para esta actividade, dende o concello se nos solicitan uns prazos, polo que vos pedimos que vos anotedes e fagades o pago antes do luns 21 de setembro.

BAILE MODERNO. Dirixido ao alumnado de Infantil e Primaria. Luns de 16 a 17 horas. Prezo: 13 euros / mes.  Impartido por Nati, pertencente a Escola de Baile Bambalina.

 
FÚTBOL SALA. Dirixido ao alumnado de Primaria. Martes de 16 a 17 horas. Prezo: 15 euros / mes. Iniciación ou perfeccionamento técnico e táctico, mellorando o rendemento físico e o concepto de equipo motivando a neno a través da diversión e participación. Impartido por María, cunha ampla experiencia deportiva.

 
MULTIDEPORTE PRIMARIA. Dirixido ao alumnado de Primaria. Mércores de 16 a 17 horas. Prezo: 15 euros / mes. Práctica de diferentes deportes, facendo fincapé no tenis. Impartido por María, a adestradora de fútbol sala.

MULTIDEPORTE INFANTIL. Dirixido ao alumnado de Infantil. Xoves de 16 a 17 horas. Prezo: 15 euros / mes. Práctica de diferentes deportes, desde un enfoque totalmente lúdico, proporcionando o coñecemento de moitos deportes diferentes e evitando a monotonía que esixe a práctica dun só. Impartido por María, a adestradora de fútbol sala.



Os nenos poderán anotarse a todas as actividades que desexen. As actividades comezan en outubro e rematan no mes de maio incluído. O pago realízase nos primeiros días de cada mes no local da Anpa ou por domiciliación , transferencia ou pago na oficina bancaria, especificando no concepto o nome da actividade, mes e nome do alumno . Por exemplo, concepto: Anaís Silva baile e multideporte outubro.

Nº de conta da ANPA: Banco Santander
0049 6191 52 2416027776.

Se algún neno quere darse de baixa nalgunha actividade deberá avisar antes do día 20 do mes anterior.