martes, 23 de xuño de 2015

FESTA DE FIN DE CURSO DA ANPA 2015

O domingo 21 de xuño celebramos a nosa festa de fin de curso. Houbo  inchables, tobogán de auga e festa de espuma. Ademáis puidemos degustar una merenda exquisita: empanadas, pizzas recén feitas, torta de nata...
 Grazas ás familias que colaboraron con nós dalgunha maneira: traendo unha neveira, donando a cesta de froitas e as camisetas que se sortearon entre os asistentes, axudando a recoller e limpar, traendo viandas para a cantina, atendendo na cantina, axudando a preparar a merenda, xestinando os pedidos ás pizzerías e ás panaderías, poñendo un difusor de auga para que se refrescaran os/as peques, axudando a arranxar o cañón da espuma.... De todo corazón: MOITAS GRAZAS.

Pois agora tendes por diante un verán para disfrutar coas vosas familias compartindo un montón de experiencias que é o que máis enriquece e da valor as nosas vidas.
Séde felices e sorride moito!!!!
Apertas!
Vémonos á volta en setembro con un montón de enerxía e un montón de historias para compartir, tanto papis, mamis e peques.

FELICES VACACIÓN DE VERÁN!!

Aquí vos deixamos algunas fotos para que recordedes o ben que o pasamos.
Click to play this Smilebox slideshow


E se queredes recordar a festa de fin de curso da ANPA de 2014 pinchade AQUÍ



 

venres, 19 de xuño de 2015

VIDEO DE 6º

UNHA CHULADA O VIDEO QUE FIXERON OS NENOS E NENAS DE 6º E QUE O PROFE RAÚL COLGOU NO SEU BLOG. MENUDA DESPEDIDA!! NON DEIXEDES DE VELO. FIXERON UN MOI BO TRABALLO.
VIDEO 6º

CLASE FINAL ESPECIAL DE MULTIDEPORTE

Este último xoves de curso tivemos a última clase de Multideporte Infantil na que as familias fomos convidadas a estar cos peques na clase para facer uns xogos. Pasámolo moi ben co que María, a monitora, nos tiña planeado. Fixemos xogos musicais, estivemos co "paracaídas" e logo por parellas cos nosos peques fixemos una búsqueda do tesouro, que nos fixo recorrer todo o cole, cun final moi dulce, cheo de lambetadas. Ademáis, María quiso obsequiar a os/as peques cunha medalla personalizada por todo o seu traballo neste curso. E para os papis, o seu habitual boletín trimestral no que reflexa a evolución dos pequenos/as nas capacidades que ela considera máis importante nesta actividade.
Grazas María. Agardamoste o próximo curso para seguir sudando, rindo e mellorando!
E grazas ás familias e amiguiños/as que nos acompañaron nesta última clase.