domingo, 19 de outubro de 2014

OBRADOIRO DE JUMPING CLAY

mércores 29 de outubro a ANPA organiza un obradoiro de Jumping Clay, de 16:30 a 17:30 (os nenos/as que se anotan e que sexan de comedor quedarán en todo momento baixo a supervisión de membros da ANPA tamén das 16 ás 16:30).
Os nenos/as farán un colgante para a mochila cunha figura que non desvelaremos ata o día do taller.
Será impartido por monitores/as de Jumping Clay Vigo.
O prezo deste obradoiro, con todo o material incluído e o monitor,  é de 3 euros.
https://www.facebook.com/pages/Jumping-Clay-Vigo/258050890909293?fref=ts

Para anotarse hai que entregar a folla cuberta que se lles entregou aos nenos no colexio cos seus datos e facer o pago á ANPA.
Plazas limitadas.

Por ser una actividade organizada pola ANPA os nenos que queiran anotarse deben pertencer a familias socias.

 

Ningún comentario:

Publicar un comentario