Por favor avisade se hai algún erro, se falta algún neno/a por anotar, se o final non vai asistir á actividade, o que sexa. Recordarvos que para participar nas actividades extraescolares hai que estar ao corrente nos pagos e ter pagada a cuota de socio da Anpa e do seguro escolar.
BAILE
4ºInfantil
Carla Pereira
Gabriela Tudose
Nahiara Davila
5º Infantil
Noa García
Leire Graña
Noelia Fernández
Leire Pereira
Dari Leidy
6ºInfantil
Jonay Rodríguez
1º Primaria
Raquel Taboada
2º Primaria
Félix Gabriel
5º Primaria
Blanca González
Candela Franco
MULTIDEPORTE
4ºInfantil
Olivia García
Nahiara Davila
Jimena López
5º Infantil
Nico López
Noelia Silva
Noa García
6º Infantil
Jonay Rodríguez
Julia Catija
FÚTBOL SALA
1º Primaria
Lucas Pinto
Alejando Acosta
Nain Rivas
2º Primaria
Raúl González
Félix Gabriel
3º Primaria
Marcos González
Isa Lorenzo
4º Primaria
Soraia Barbosa
5º Primaria
Brais Graña
Gabriel Laurentin
xoves, 25 de setembro de 2014
martes, 23 de setembro de 2014
PUBLICIDADE
REMITÍMOSVOS UNHA INFORMACIÓN QUE NOS ACHEGARON Á ANPA A TRAVÉS DE FOANPAS POR SE FORA DE INTERESE PARA ALGUNHA FAMILIA.
MÁIS INFORMACIÓN AQUÍ
xoves, 18 de setembro de 2014
ASÓCIATE!!!
E para
as familias que inda non vos fixestes socios da ANPA vos animamos a que o
fagades. Lembrade que a ANPA organiza a excursión dos nenos que rematan no
colexio; xestiona a aula matinal, o
comedor e as actividades extraescolares; colabora cos mestres en diferentes
celebracións coma o Nadal, convivencias…; organiza a festa de fin de curso para
os nenos con inchables, festa de escuma ou as piscinas; e organiza un banco de
libros coa participación de moitas familias co conseguinte aforro en material escolar.
TODOS OS PAIS/ NAIS ESTADES CONVIDADOS A PARTICIPAR, COLABORAR, SUXERIR, APORTAR…
TODOS OS PAIS/ NAIS ESTADES CONVIDADOS A PARTICIPAR, COLABORAR, SUXERIR, APORTAR…
GRUPOS DE ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES
Informámosvos de que xa se
formaron os grupos mínimos para as actividades extraescolares de Natación,
Baile moderno, Fútbol Sala e Multideporte e vos animamos a que vos sigades
anotando.
Inda estades a tempo ata este venres!
A separación por idades
dalgunhas das actividades non é estricta, é dicir, inda que a actividade de
multideporte está diseñada para os nenos/as de infantil, por suposto os nenos
de 1º de primaria serán benvidos; ao igual coa de fútbol sala, que inda que se
dirixe aos nenos/as de Primaria, un neno/a de 6º de Infantil futbolero/a de
seguro que a disfrutará.
Podedes xa entón empezar a pagar a cuota destas
actividades no local da ANPA ou a través do banco.
Nº Conta ANPA
“Banco de Santander”
0049 6191 52 2416027776
NO CONCEPTO INDICADE O NOME DO NENO, A ACTIVIDADE OU ACTIVIDADES E O MES
mércores, 17 de setembro de 2014
AVISO PARA A ACTIVIDADE DE NATACIÓN
Como sabedes a actividade de natación realizámola en colaboración co
Concello de Vigo a través do IMD (instituto Municipal de Deportes) que impón as
súas condicións e prazos. Nestes días enviáronnos unha folla de inscripción que
deberedes traer cuberta. Para a semana que ven temos que entregar os listados
completos e ter abonado as cuotas polo que vos pedimos que cubrades a folla e
paguedes a cuota antes do venres 26 de setembro. Tendes copias da folla de inscripción no local da ANPA e tamén daremos unha copia ao cole para que llas reparta aos nenos que temos anotado para natación. Podedes pagar os dous cuatrimestres
se queredes. Non levaremos as inscripcións dos nenos que non teñas pagada a
cuota. Non se admitirán inscripcións de nenos de familias non socias da ANPA ou
con débedas de cursos anteriores. Recordade que as familias son as encargadas
de levar e recoller aos nenos/as e de axudalos a cambiarse nos vestiarios se
así o precisase.
luns, 15 de setembro de 2014
AVISOS DE COMEDOR
Recordar aos bolseiros de comedor que teñen que pasar por secretaría a asinar o documento para acceder á beca. Ademáis redordar que os bolseiros do comedor ao igual que os outros usuarios de comedor non bolseiros, teñen que facerse socios da Anpa e pagar o seguro escolar xa que se trata dun servizo xestionado pola ANPA do colexio.
Os nenos que ao final do curso anterior anotáronse para comedor e que non están vindo estes días, agradeceríamos avisaxen de se van vir este mes ou se comezan para o mes ou se é que non van usar o comedor, porque se están pedindo menús para nenos que non están quedando.
Por outra banda, recordar que inda que non se empregue o servizo de comedor, aula matinal ou actividades extraescolares hai outras razón polas que se facer socio da ANPA. Quizáis porque nalgún momento podes precisar destes servizos; porque a ANPA colabora na organización da excursión de fin de curso de 5º e 6º, na festa de final de curso, nas celebracións de Nadal...; porque a ANPA somos todos/as, pais e nais que xuntando forzas contribuímos ao enriquecimento e mellora da educación dos nosos fillos e fillas. Por todo isto , animámosvos a que vos asociedes.

xoves, 11 de setembro de 2014
DÚBIDAS E ACLARACIÓNS
Ola! Aquí van resoltas algunhas das dúbidas e consultas que nos estades a facer. Tamén algún recordatorio e aclaración.
Na nota de actividades extraescolares non vai o prezo da actividade de natación. Disculpade, foi un erro. O prezo é de 29,60 euros o cuatrimestre, para 1 día a semana. O doble por cuatrimestre se os apuntades os dous días a semana, luns e xoves. O primeiro cuatrimestre abrangue outubro, novembro, decembro e xaneiro. O segundo cuatrimestre: febreiro, marzo, abril e maio.
Respecto ao comedor lembrade pagalo antes do 5 de cada mes. Onte, primeiro día de clase faltaron bastantes nenos a comedor que non avisaron; lembrade que se non vai vir o neno ao comedor hai que avisar con antelación, como moi tarde o mesmo día antes dan 9 da mañá para avisar a Serunión.
Estamos tendo problemas cos pagos que estades a facer por transferencia polo banco xa que non especificades ben o concepto. Tendes que indicar o nome do neno cos seus apelidos (non o voso) e a razón do ingreso co mes correspondente. Por exemplo:
Miguel Pérez Ruíz Comedor setembro
Julia Monedero Castro Baile outubro
Luis Correa Durán Aula Matinal setembro

mércores, 10 de setembro de 2014
domingo, 7 de setembro de 2014
PROPOSTA DE ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES CURSO 2014/2015
NATACIÓN. Dirixido ao alumnado de
Infantil e Primaria. Realízase na piscina de Lavadores. Os nenos teñen que ir
pola súa propia conta cun adulto. Luns e /ou xoves de 16 a 16:45. Prezo: 29,60 por cuatrimestre. (1ºcuatrimestre: outubro, novembro, decembro e xaneiro; 2º cuatrimestre; febrero, marzo, abril e maio)
PINTURA, DEBUXO E MANUALIDADES. Dirixido
ao alumnado de Infantil e Primaria. Os mércores de 16 a 17:30. Prezo: 15 euros. Impartido polo artista
José Miranda. Nesta actividade preténdese que os rapaces aumenten a súa
creatividade artística, aprendan a ver o mundo que os rodea e o expresen dunha
forma orixinal e persoal. Empregarán diferentes técnicas (pastel, collage,
acrílico…) e viaxarán polo tempo para visitar artistas (Picasso, Monet,
Van Gogh, Miró, Warhol) e diferentes movementos (impresionismo, cubismo, pop
art…), sempre dunha maneira práctica, amena e divertida.
Os nenos poderán anotarse
a todas as actividades que así o desexen. As actividades comezan en outubro.A
data límite para anotarse é o venres 19 de setembro. Horario de atención da
ANPA: luns, martes e mércores de 9 a 9: 30. O pago realízase nos primeiros días
de cada mes no local da Anpa ou preferiblemente, por domiciliación bancaria,
especificando no concepto o nome da actividade e do alumno . Nº de conta: 0049
6191 52 2416027776. Se algún neno quere darse de baixa nalgunha actividade
deberá avisar con antelación, antes do día 20 do mes anterior.
Nos primeiros días de cole mandaremos aos nenos a folla de inscripción. Tamén podedes pedila no local da ANPA.
BAILE MODERNO. Dirixido ao alumnado de
Infantil e Primaria. Luns de 16 a 17 horas. Prezo: 10 euros / mes. Impartido por Nati, pertencente a
Escola de Baile Bambalina. Os nenos divertiranse a aprenderán a bailar coas
coreografías das cancións que máis lles gustan.
FÚTBOL SALA. Dirixido ao alumnado de
primaria. Martes de 16 a 17 horas. Prezo:
15 euros / mes. Iniciación ou perfeccionamento técnico e táctico,
mellorando o rendemento físico e o concepto de equipo motivando a neno a través
da diversión e participación. Impartido por María, cunha ampla experiencia
deportiva, chegando a formar parte da selección galega absoluta de fútbol e
fútbol sala; actualmente, exerce coma a 1ª adestradora da selección sub-12 de
Vigo no Campionato galego e coma 2ª adestradora da selección galega de fútbol
-8 e sub-12 femenino, no Campionato de España de Seleccións Autonómicas.
MULTIDEPORTE. Dirixido ao alumnado de
Infantil. Xoves de 16 a 17 horas. Prezo:
15 euros / mes. Práctica de diferentes deportes, desde un enfoque
totalmente lúdico, proporcionando o coñecemento de moitos deportes
diferentes e evitando a monotonía que esixe a práctica dun só. Ensinaránselles
os conceptos básicos daqueles deportes máis comúns (fútbol, hockey, balonmán…)
e doutros menos frecuentes (béisbol, rugby, dardos…), sempre a través da
diversión, motivación e afectividade. Impartido tamén por María, a
adestradora de fútbol sala.
LUNS
|
MARTES
|
MÉRCORES
|
XOVES
|
VENRES
|
BAILE MODERNO
INF. E PRIM.
16- 17
10 EUROS
--------------------------
NATACIÓN
INF. E PRIM.
16-16:45
|
FÚTBOL SALA
PRIMARIA
16-17
15 EUROS
|
PINT., DEBUX.,
MANUALIDAD.
INF. E PRIM.
16- 17:30
15 EUROS
--------------------------------
|
MULTIDEPORTE
INF.
16-17
15 EUROS
----------------------------NATACIÓNINF. E PRIM.
16 - 16:45
|
Nos primeiros días de cole mandaremos aos nenos a folla de inscripción. Tamén podedes pedila no local da ANPA.
mércores, 3 de setembro de 2014
REUNIÓN INFORMATIVA DE INFANTIL PARA ESTE CURSO 2014 / 2015
O 8 de setembro, o profesorado do centro celebrará unha reunión cos pais e titores do alumnado de Educación Infantil ás 10 da mañá.
LISTADO DE LIBROS DE TEXTO PARA PRIMARIA
Na web do cole colgaron o mércores 3 de setembro o listado de libros de primaria para este curso 2014/2015.
Podedes consúltalo aquí.
http://www.edu.xunta.es/centros/ceipvalleinclanvigo/?q=node/270
Podedes consúltalo aquí.
http://www.edu.xunta.es/centros/ceipvalleinclanvigo/?q=node/270
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)