xoves, 11 de setembro de 2014

DÚBIDAS E ACLARACIÓNS

Ola! Aquí van resoltas algunhas das dúbidas e consultas que nos estades a facer. Tamén algún recordatorio e aclaración.

Na nota de actividades extraescolares non vai o prezo da actividade de natación. Disculpade, foi un erro. O prezo é de 29,60 euros o cuatrimestre, para 1 día a semana. O doble por cuatrimestre se os apuntades os dous días a semana, luns e xoves. O primeiro cuatrimestre abrangue outubro, novembro, decembro e xaneiro. O segundo cuatrimestre: febreiro, marzo, abril e maio.

Respecto ao comedor lembrade pagalo antes do 5 de cada mes. Onte, primeiro día de clase faltaron bastantes nenos a comedor que non avisaron; lembrade que se non vai vir o neno ao comedor  hai que avisar con antelación, como moi tarde o mesmo día antes dan 9 da mañá para avisar a Serunión.

Estamos tendo problemas cos pagos que estades a facer por transferencia polo banco xa que non especificades ben o concepto. Tendes que indicar o nome do neno cos seus apelidos (non o voso) e a razón do ingreso co mes correspondente. Por exemplo:
Miguel Pérez Ruíz Comedor setembro
Julia Monedero Castro Baile outubro
Luis Correa Durán Aula Matinal setembro



Ningún comentario:

Publicar un comentario