domingo, 7 de setembro de 2014

PROPOSTA DE ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES CURSO 2014/2015

NATACIÓN. Dirixido ao alumnado de Infantil e Primaria. Realízase na piscina de Lavadores. Os nenos teñen que ir pola súa propia conta cun adulto. Luns e /ou xoves de 16 a 16:45. Prezo: 29,60 por cuatrimestre. (1ºcuatrimestre: outubro, novembro, decembro e xaneiro; 2º cuatrimestre; febrero, marzo, abril e maio)

 PINTURA, DEBUXO E MANUALIDADES. Dirixido ao alumnado de Infantil e Primaria. Os mércores de 16 a 17:30. Prezo: 15 euros. Impartido polo artista José Miranda. Nesta actividade preténdese que os rapaces aumenten a súa creatividade artística, aprendan a ver o mundo que os rodea e o expresen dunha forma orixinal e persoal. Empregarán diferentes técnicas (pastel, collage, acrílico…) e viaxarán polo tempo para visitar  artistas (Picasso, Monet, Van Gogh, Miró, Warhol) e diferentes movementos (impresionismo, cubismo, pop art…), sempre dunha maneira práctica, amena e divertida.

BAILE MODERNO. Dirixido ao alumnado de Infantil e Primaria. Luns de 16 a 17 horas. Prezo: 10 euros / mes.  Impartido por Nati, pertencente a Escola de Baile Bambalina. Os nenos divertiranse a aprenderán a bailar coas coreografías das cancións que máis lles gustan. 

FÚTBOL SALA. Dirixido ao alumnado de primaria. Martes de 16 a 17 horas. Prezo: 15 euros / mes. Iniciación ou perfeccionamento técnico e táctico, mellorando o rendemento físico e o concepto de equipo motivando a neno a través da diversión e participación. Impartido por María, cunha ampla experiencia deportiva, chegando a formar parte da selección galega absoluta de fútbol e fútbol sala; actualmente, exerce coma a 1ª adestradora da selección sub-12 de Vigo no Campionato galego e coma 2ª adestradora da selección galega de fútbol -8 e sub-12 femenino, no Campionato de España de Seleccións Autonómicas.

MULTIDEPORTE. Dirixido ao alumnado de Infantil. Xoves de 16 a 17 horas. Prezo: 15 euros / mes. Práctica de diferentes deportes, desde un enfoque totalmente lúdico, proporcionando o coñecemento de moitos deportes diferentes e evitando a monotonía que esixe a práctica dun só. Ensinaránselles os conceptos básicos daqueles deportes máis comúns (fútbol, hockey, balonmán…) e doutros menos frecuentes (béisbol, rugby, dardos…), sempre a través da diversión, motivación e afectividade.  Impartido tamén por María, a adestradora de fútbol sala.

 
LUNS
MARTES
MÉRCORES
XOVES
VENRES
BAILE MODERNO
INF. E PRIM.
16- 17
10 EUROS
--------------------------

NATACIÓN
INF. E PRIM.
16-16:45
FÚTBOL SALA
PRIMARIA
16-17
15 EUROS
PINT., DEBUX., MANUALIDAD.
INF. E PRIM.
16- 17:30
15 EUROS
--------------------------------
 

MULTIDEPORTE
INF.
16-17
15 EUROS
----------------------------

NATACIÓN
INF. E PRIM.
16 - 16:45







 Os nenos poderán anotarse a todas as actividades que así o desexen. As actividades comezan en outubro.A data límite para anotarse é o venres 19 de setembro. Horario de atención da ANPA: luns, martes e mércores de 9 a 9: 30. O pago realízase nos primeiros días de cada mes no local da Anpa ou preferiblemente, por domiciliación bancaria, especificando no concepto o nome da actividade e do alumno . Nº de conta: 0049 6191 52 2416027776. Se algún neno quere darse de baixa nalgunha actividade deberá avisar con antelación, antes do día 20 do mes anterior.

Nos primeiros días de cole mandaremos aos nenos a folla de inscripción. Tamén podedes pedila no local da ANPA.

Ningún comentario:

Publicar un comentario