Como sabedes a actividade de natación realizámola en colaboración co
Concello de Vigo a través do IMD (instituto Municipal de Deportes) que impón as
súas condicións e prazos. Nestes días enviáronnos unha folla de inscripción que
deberedes traer cuberta. Para a semana que ven temos que entregar os listados
completos e ter abonado as cuotas polo que vos pedimos que cubrades a folla e
paguedes a cuota antes do venres 26 de setembro. Tendes copias da folla de inscripción no local da ANPA e tamén daremos unha copia ao cole para que llas reparta aos nenos que temos anotado para natación. Podedes pagar os dous cuatrimestres
se queredes. Non levaremos as inscripcións dos nenos que non teñas pagada a
cuota. Non se admitirán inscripcións de nenos de familias non socias da ANPA ou
con débedas de cursos anteriores. Recordade que as familias son as encargadas
de levar e recoller aos nenos/as e de axudalos a cambiarse nos vestiarios se
así o precisase.
Ningún comentario:
Publicar un comentario