luns, 15 de setembro de 2014

AVISOS DE COMEDOR

Recordar aos bolseiros de comedor que teñen que pasar por secretaría a asinar o documento para acceder á beca. Ademáis redordar que os bolseiros do comedor ao igual que os outros usuarios de comedor non bolseiros, teñen que facerse socios da Anpa e pagar o seguro escolar xa que se trata dun servizo xestionado pola ANPA do colexio.

Os nenos que ao final do curso anterior anotáronse para comedor e que non están vindo estes días, agradeceríamos avisaxen de se van vir este mes ou se comezan para o mes ou se é que non van usar o comedor, porque se están pedindo menús para nenos que non están quedando.

Por outra banda, recordar que inda que non se empregue o servizo de comedor, aula matinal ou actividades extraescolares hai outras razón polas que se facer socio da ANPA. Quizáis porque nalgún momento podes precisar destes servizos; porque a ANPA colabora na organización da excursión de fin de curso de 5º e 6º, na festa de final de curso, nas celebracións de Nadal...;  porque a ANPA somos todos/as, pais e nais que xuntando forzas contribuímos ao enriquecimento e mellora da educación dos nosos fillos e fillas. Por todo isto , animámosvos a que vos asociedes.


Ningún comentario:

Publicar un comentario