domingo, 23 de novembro de 2014

8º CONCURSO DE PINTURA DE VIGOLANDIA

REMITÍMOVOS UNHA INFORMACIÓN ACHEGADA AO COLE E INVITÁMOSVOS A PARTICIPAR COS NENOS E NENAS. PODEDES DEIXAR OS DEBUXOS DOS VOSOS PEQUES NO LOCAL DA ANPA E NOS OS LEVAREMOS.
 
Vigolandia, o parque de ocio familiar de Nadal que cada ano celebrase no IFEVI. Vigolandia distingue un debuxo de cada colexio participante.
O tema deste ano será "actividades o acciones que farían un mundo mellor". Este debuxo rematará cunha frase ou título elexido por cada neno  e nena.
Para alumnos/as de primaria, de 6 a 12 anos.
Só pode presentarse un debuxo por neno.
O debuxo presentarase en tamaño dinA4, o tamaño normal dos folios.
As técnicas a utilizar poderán ser témperas, acuarela, lapis de cores, ceras ou rotuladores.

Non pegar volúmenes nos debuxos.

Ao dorso do dibuxo figurarán os seguintes datos(elimínanse os debuxos sen estes datos):
- NOME E APELIDOS DO ALUMNO

-CURSO E IDADE DO ALUMNO

-NOME DO COLEXIO AO QUE PERTENCE O ALUMNO

Hai que entregalos antes do xoves 18 de decembro asi que uns días antes os levaremos, non esperedes ao último día. O luns 15 sería una boa data límite.

VIGOLANDIA enviará a cada colexio participante un minimo dunha invitación por alumno presentado.
Todos os debuxos participantes estarán expostos durante a celebración de VIGOLANDIA, isto é, dende o día 26 ao día 30 de decembro de 2014.
Os debuxos distinguidos comunicaránse a cada responsable unha vez celebrado o evento.
Os nenos/nenas distinguidos/as do concurso, ceden á organización de VIGOLANDIA os dereitos de reprodución, distribución e comunicación pública do traballo.
 

Ningún comentario:

Publicar un comentario