martes, 23 de xuño de 2015

FESTA DE FIN DE CURSO DA ANPA 2015

O domingo 21 de xuño celebramos a nosa festa de fin de curso. Houbo  inchables, tobogán de auga e festa de espuma. Ademáis puidemos degustar una merenda exquisita: empanadas, pizzas recén feitas, torta de nata...
 Grazas ás familias que colaboraron con nós dalgunha maneira: traendo unha neveira, donando a cesta de froitas e as camisetas que se sortearon entre os asistentes, axudando a recoller e limpar, traendo viandas para a cantina, atendendo na cantina, axudando a preparar a merenda, xestinando os pedidos ás pizzerías e ás panaderías, poñendo un difusor de auga para que se refrescaran os/as peques, axudando a arranxar o cañón da espuma.... De todo corazón: MOITAS GRAZAS.

Pois agora tendes por diante un verán para disfrutar coas vosas familias compartindo un montón de experiencias que é o que máis enriquece e da valor as nosas vidas.
Séde felices e sorride moito!!!!
Apertas!
Vémonos á volta en setembro con un montón de enerxía e un montón de historias para compartir, tanto papis, mamis e peques.

FELICES VACACIÓN DE VERÁN!!

Aquí vos deixamos algunas fotos para que recordedes o ben que o pasamos.
Click to play this Smilebox slideshow


E se queredes recordar a festa de fin de curso da ANPA de 2014 pinchade AQUÍ



 

Ningún comentario:

Publicar un comentario