martes, 16 de xuño de 2015

CLASE FINAL ESPECIAL DE FÚTBOL SALA

Os peques de fútbol sala despedíronse hoxe da súa adestradora María, ata o curso que vén, cunha clase moi especial na que se convidou ás súas familias para velos xogar un partido. Alí puidemos ver o ben compenetrados que están e como van aprendendo a xogar en equipo ao mesmo tempo que melloran a súa destreza. a súa motricidade e a súa técnica.
Grazas María. 
 



















E como xa ven sendo habitual nas actividades que leva María, os nenos estaban ansiosos de recibir as súas "notas" e a súa bolsa de chuches. Pero inda tiña outra sorpresa para eles!!! Deulles una medalla, cada una co nome do xogador. Un detallazo. A eles encantoulles pero ás familias non se quedaron atrás en halagos.










 A ver se para o curso que vén este equipazo pode contar con máis xogadores que podan aproveitar estas clases desta magnífica adestradora.

Ningún comentario:

Publicar un comentario