luns, 6 de abril de 2015

OBRADOIROS MES DE ABRIL

Para comenzar con bo pé neste terceiro trimestre a na primavera, dende a Anpa, ofrecemos a posibilidade de participar aos nenos e nenas de familias socias,  neste mes de abril, nos seguintes obradoiros:
 
JUMPING CLAY. Martes 14 ou mércores 15. Neste caso, un obradoiro especial, no que os peques farán un marco de fotos. Dirixido a todo o alumnado, tanto de infantil coma de primaria. De 16.30 a 17.30 (membros da ANPA faranse cargo dos peques que queiran quedarse do servizo de comedor, de 16 a 16:30 ata que dé comezo a actividade). Prezo: 4 euros 
Este será o cuarto obradoiro de Jumping Clay neste curso. Podedes ver fotos dos anteriores: a eiruga (marzo), folla de outono(novembro), vampiro (outubro).

facebook Jumping Clay Vigo
 
 
SESIÓN DE CONTACONTOS  do SEÑOR GRAVATA TORTA especialmente dirixido para os máis pequenos do cole pero por suposto aberto a todas as idades. O mércores 22 de abril de 16 a 17 horas. Xa tivemos una ocasión de disfrutar dos seus contos e xogos . Prezo: 2 euros. Podedes ver as fotos: contacontos(decembro)

facebook Gravata Torta
 
 
 
 
OBRADOIRO DE REPOSTERÍA CREATIVA o martes 28 ou mércores 29 de abril de 16 a 17:30, esta vez coa temática da primavera. Tanto para infantil coma primaria. Prezo 7 euros. Podedes ver as fotos dos talleres anteriores aquí: febreiro, decembro, novembro 1, novembro 2, outubro, outubro 2.

facebook Valentina Ideas Dulces


Para anotar aos vosos peques pasade polo local da ANPA. E coma sempre agradecemos toda a vosa colaboración e propostas. Se se vos ocurre alguna idea, obradoiro, o que sexa que poida ser do interese dos nenos e nenas non dubidedes de dicilo.

Ningún comentario:

Publicar un comentario