Recordamos aos pais, nais e titores/as que os nenos/as non poden vir solo á festa, teñen que estar en todo momento acompañados por algún adulto. Volo recordamos porque hai nenos/as que están vindo a mercar só unha entrada, xa lle dixemos que non poden vir solos, non poderán entrar se non veñen con algún adulto.
Tal como se informou na circular que vos enviamos a casa nin a ANPA, nin o Colexio nin os monitores da Empresa de animación se farán responsables dos alumno/as.
Esta é unha festa da ANPA, de convivencia das familias, unhas horas para compartir e pasalo ben no Colexio en compañía dos nenos/as, pais e nais.
xoves, 18 de xuño de 2015
martes, 16 de xuño de 2015
CLASE FINAL ESPECIAL DE FÚTBOL SALA
Os peques de fútbol sala despedíronse hoxe da súa adestradora María, ata o curso que vén, cunha clase moi especial na que se convidou ás súas familias para velos xogar un partido. Alí puidemos ver o ben compenetrados que están e como van aprendendo a xogar en equipo ao mesmo tempo que melloran a súa destreza. a súa motricidade e a súa técnica.
Grazas María.
E como xa ven sendo habitual nas actividades que leva María, os nenos estaban ansiosos de recibir as súas "notas" e a súa bolsa de chuches. Pero inda tiña outra sorpresa para eles!!! Deulles una medalla, cada una co nome do xogador. Un detallazo. A eles encantoulles pero ás familias non se quedaron atrás en halagos.
A ver se para o curso que vén este equipazo pode contar con máis xogadores que podan aproveitar estas clases desta magnífica adestradora.
CLASE ESPECIAL FINAL DE BAILE MODERNO
E chegou a última clase de baile moderno. Grazas a todos os papis, mamis, avós, avoas e demais familia e amiguiños que vos pasastes polo cole para compartir esta clase tan especial para as pequerrechas.
A verdade é que o pasamos moi ben e ata tiñan una canción sorpresa para os que estabamos alí que tivemos que levantarnos e bailar ao ritmo delas.
Fixeron varios bailes e como artistas que son, ata tiveron cambio de vestiario!!!
Empezamos de blanco e rosa. Estaban moi guapas. E moi bonito velas a todas vestidiñas case iguales.
Cambio de vestiario para o seguinte baile! Colorido e con moito brilli-brilli...o que lles mola vamos!!!Dende aquí agradecer a Escola de Baile Bambalina por cedernos gratuitamente os tops e as faldas do último baile. Chulísimos!!!
E para celebrar este gran fin de curso cada una levouse una medalla co seu nome e una bolsa de chuches.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)