As monitoras de comedor iniciaron una proposta, na que en colaboración coa ANPA, nuns días en concreto, algúns nenos/as disfrutarán da comida nunha mesa moi especial.
Amosando publicacións coa etiqueta COMEDOR b>. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta COMEDOR b>. Amosar todas as publicacións
xoves, 16 de abril de 2015
martes, 24 de febreiro de 2015
AVISOS E NOVAS DO SERVIZO DE COMEDOR
Na reunión do equipo directivo do
colexio coa directiva da ANPA decidiuse modificar o horario de recollida dos
nenos/as do servizo de comedor que pasará a ser a partires do luns 2 de marzo, a partir das 15.30, hora tamén na
que as monitoras de comedor abrirán o portalón que da acceso ao aparcamento.
Antes desa hora, as 15:30, non se
entregarán nenos/as, agás por alguna circunstancia puntual e de forza maior.
Recordar tamén aos usuarios de
comedor a necesidade de avisar á ANPA
cando o neno/a non vai facer uso do comedor. Isto pode facerse o día
anterior ou antes das 9 do mesmo día, chamando ao responsable do comedor da ANPA ( Jose, 636492977) ou avisando no local da ANPA, para así poder
anular ese menú e non estar pagando menús innecesarios, ou o que é peor, estár
tirando comida nestes momentos nos que moitas familias están a pasar serias
dificultades.
Recordamos tamén que os becados de comedor teñen a obriga de
asistir ao mesmo. As faltas de asistencia non xustificadas poden acarrear a
pérdida da beca. Recordade que tanto a ANPA coma o colexio deben informar ao
concello das faltas de asistencia.
Por outra banda, dispoñemos na Anpa dunha autorización
na que os pais/nais /titores dos nenos/as
maiores que desexen que os alumno/a poda voltar só ou soa a casa, sen a
recollida por un adulto, tanto na saída do comedor como das actividades
extraescolares, deberán ter asinada. Sen esta autorización, válida para o
curso presente, 2014 /2015, non se deixará saír a ningún neno/a sen a recollida
por un adulto.
Recordar tamén que no “Reglamento
de Réxime Interno” do Colexio, aprobado polo Consello Escolar, contémplase a necesidade de cumprir coas
normas de convivencia no comedor, polo que as conductas non acordes a este (pelexas,
faltas de respeto, desperfectos…) poderán ser obxecto de reprimendas, que
segundo a súa gravidade poden conlevar nos casos graves ou repetitivos, a
expulsión do servizo de comedor.
xoves, 15 de xaneiro de 2015
CONCENTRACIÓN CONVOCADA POR FOANPAS

Convócanos a unha concentración na Porta do Sol baixo o lema “COME E CALA” este venres 16 de xaneiro de 2015 ás 20.00 horas.
A finalidade é propulsar un novo decreto de comedores, facernos escoitar, que a Consellería adquira o compromiso de dar resposta ás nosas reclamacións. No noso caso, como comedor xestionado pola ANPA, denunciamos que cada vez asumimos máis e máis responsabilidades que non nos competen. Ademáis, seguimos insistindo na necesidade da mellora da calidade da comida servida e na competencia profesional do persoal coidador.
xoves, 4 de decembro de 2014
martes, 28 de outubro de 2014
MENÚ COMEDOR NOVEMBRO 2014
ENGADIMOS ADEMAIS OS DOUS TIPOS DE MENÚS QUE SE ESTÁN PEDINDO PARA ALGÚNS NENOS, O LAXANTE E O SEN LACTOSA.
O MENÚ LAXANTE:
O MENÚ SEN LACTOSA:
xoves, 2 de outubro de 2014
luns, 15 de setembro de 2014
AVISOS DE COMEDOR
Recordar aos bolseiros de comedor que teñen que pasar por secretaría a asinar o documento para acceder á beca. Ademáis redordar que os bolseiros do comedor ao igual que os outros usuarios de comedor non bolseiros, teñen que facerse socios da Anpa e pagar o seguro escolar xa que se trata dun servizo xestionado pola ANPA do colexio.
Os nenos que ao final do curso anterior anotáronse para comedor e que non están vindo estes días, agradeceríamos avisaxen de se van vir este mes ou se comezan para o mes ou se é que non van usar o comedor, porque se están pedindo menús para nenos que non están quedando.
Por outra banda, recordar que inda que non se empregue o servizo de comedor, aula matinal ou actividades extraescolares hai outras razón polas que se facer socio da ANPA. Quizáis porque nalgún momento podes precisar destes servizos; porque a ANPA colabora na organización da excursión de fin de curso de 5º e 6º, na festa de final de curso, nas celebracións de Nadal...; porque a ANPA somos todos/as, pais e nais que xuntando forzas contribuímos ao enriquecimento e mellora da educación dos nosos fillos e fillas. Por todo isto , animámosvos a que vos asociedes.

xoves, 11 de setembro de 2014
DÚBIDAS E ACLARACIÓNS
Ola! Aquí van resoltas algunhas das dúbidas e consultas que nos estades a facer. Tamén algún recordatorio e aclaración.
Na nota de actividades extraescolares non vai o prezo da actividade de natación. Disculpade, foi un erro. O prezo é de 29,60 euros o cuatrimestre, para 1 día a semana. O doble por cuatrimestre se os apuntades os dous días a semana, luns e xoves. O primeiro cuatrimestre abrangue outubro, novembro, decembro e xaneiro. O segundo cuatrimestre: febreiro, marzo, abril e maio.
Respecto ao comedor lembrade pagalo antes do 5 de cada mes. Onte, primeiro día de clase faltaron bastantes nenos a comedor que non avisaron; lembrade que se non vai vir o neno ao comedor hai que avisar con antelación, como moi tarde o mesmo día antes dan 9 da mañá para avisar a Serunión.
Estamos tendo problemas cos pagos que estades a facer por transferencia polo banco xa que non especificades ben o concepto. Tendes que indicar o nome do neno cos seus apelidos (non o voso) e a razón do ingreso co mes correspondente. Por exemplo:
Miguel Pérez Ruíz Comedor setembro
Julia Monedero Castro Baile outubro
Luis Correa Durán Aula Matinal setembro

mércores, 10 de setembro de 2014
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)