Amosando publicacións coa etiqueta CALENDARIO ESCOLAR. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta CALENDARIO ESCOLAR. Amosar todas as publicacións

martes, 16 de xuño de 2015

CALENDARIO ESCOLAR CURSO 2015/2016

http://www.edu.xunta.es/web/calendarioescolar

Algúns puntos de interese extraídos do documento:

 No 2º ciclo de educación infantil, na educación primaria e na educación especial, a impartición efectiva de clases realizarase do día 10 de setembro de 2015 ao 22 de xuño de 2016, ambos inclusive.

  Períodos de vacacións :
1. Nadal: desde o día 21 de decembro de 2015 ata o día 6 de xaneiro de 2016, ambos inclusive.
2. Entroido: días 8, 9 e 10 de febreiro de 2016.
3. Semana Santa: desde o día 21 ata o 28 de marzo de 2016, ambos inclusive

Día do Ensino coa consideración de non lectivo para efectos académicos e que no curso 2015/16 se celebrará o 30 de outubro de 2015.

O período de adaptación do alumnado de educación infantil que se incorpora por primeira vez ao centro,non se poderá prolongar máis de 10 días lectivos desde a data de inicio das clases.

martes, 1 de xullo de 2014

CALENDARIO ESCOLAR CURSO 2014/2015

O pasado xoves 26 de xuño publicouse no DOGA a ORDE  pola que se aproba o calendario escolar para o curso 2014/15 nos centros docentes sostidos con fondos públicos na Comunidade Autónoma de Galicia. Aquí tendes o anlace o DOGA con toda a información.

O máis salientable é:

  • No 2º ciclo de educación infantil, na educación especial e na educación primaria, a impartición efectiva de clases realizarase do día 10 de setembro de 2014 ao 19 de xuño de 2015, ambos inclusive.
  • Os comedores escolares funcionarán en educación primaria desde o día 10 de setembro de 2014 ata o 19 de xuño de 2015.
  • Períodos de vacacións
    1. Nadal: desde o día 22 de decembro de 2014 ata o día 7 de xaneiro de 2015, ambos inclusive.
    2. Entroido: días 16, 17 e 18 de febreiro de 2015.
    3. Semana Santa: desde o día 30 de marzo ata o 6 de abril de 2015, ambos inclusive.
  • Serán días non lectivos tamén os festivos estatais e os locais;  hai que engadirlle o de libre elección do centro por coincidir un festivo local en día non lectivo (coma todos os cursos).
  • Establécese o Día do Ensino, non lectivo, para este curso 2014/15 o 31 de outubro de 2014.