Animamos aos nenos e nenas do cole a participar neste concurso organizado polo Hospital de Fátima de Vigo.
Podedes deixar os traballos dos vosos peques no local da ANPA e nos encargaremos de levalos todos xuntos.
Pódese empregar calquera técnica (rotus, témperas, ceras...).
A temática é a lactancia materna (mamíferos, o acto de amamantar...).
Hai que levalos antes do 5 de decembro así que nos esperedes ao último día para entregalos na Anpa, que trataremos de levalos un par de días antes.
No reverso de cada debuxo hai que escribir:
nome
data de nacemento
teléfono
correo electrónico dalgún pai, nai ou titor
población
Os nenos poden presentar máis de un debuxo pero só optarán a un premio.
Os traballos serán expostos do 23 de decembro ao 9 de xaneiro.
A entrega de premios farase o 18 de decembro nun acto presentado polo payaso Popín.
Os premiados serán avisados telefónicamente.
Haberá tres premios por categoría (poden participar tanto infantil coma primaria):
- nacidos entre o 1 de xaneiro de 2002 ata o 31 de decembro de 2004
- nacidos entre o 1 de xaneiro de 2005 ata o 31 de decembro de 2007
- nacidos entre o 1 de xaneiro de 2008 ata o 31 de decembro de 2010
- nacidos despois do 1 de xaneiro de 2011
Se os peques necesitan inspiración poden botar un ollo aquí e aquí
Amosando publicacións coa etiqueta CONCURSOS b>. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta CONCURSOS b>. Amosar todas as publicacións
domingo, 23 de novembro de 2014
8º CONCURSO DE PINTURA DE VIGOLANDIA
REMITÍMOVOS UNHA INFORMACIÓN ACHEGADA AO COLE E INVITÁMOSVOS A PARTICIPAR COS NENOS E NENAS. PODEDES DEIXAR OS DEBUXOS DOS VOSOS PEQUES NO LOCAL DA ANPA E NOS OS LEVAREMOS.
Vigolandia, o parque de ocio familiar de Nadal que cada ano celebrase no IFEVI. Vigolandia distingue un debuxo de cada colexio participante.
O tema deste ano será "actividades o acciones que farían un mundo mellor". Este debuxo rematará cunha frase ou título elexido por cada neno e nena.
Para alumnos/as de primaria, de 6 a 12 anos.
Só pode presentarse un debuxo por neno.
O debuxo presentarase en tamaño dinA4, o tamaño normal dos folios.
As técnicas a utilizar poderán ser témperas, acuarela, lapis de cores, ceras ou rotuladores.
Non pegar volúmenes nos debuxos.
Ao dorso do dibuxo figurarán os seguintes datos(elimínanse os debuxos sen estes datos):
- NOME E APELIDOS DO ALUMNO
Hai que entregalos antes do xoves 18 de decembro asi que uns días antes os levaremos, non esperedes ao último día. O luns 15 sería una boa data límite.
VIGOLANDIA enviará a cada colexio participante un minimo dunha invitación por alumno presentado.
Todos os debuxos participantes estarán expostos durante a celebración de VIGOLANDIA, isto é, dende o día 26 ao día 30 de decembro de 2014.
Os debuxos distinguidos comunicaránse a cada responsable unha vez celebrado o evento.
Os nenos/nenas distinguidos/as do concurso, ceden á organización de VIGOLANDIA os dereitos de reprodución, distribución e comunicación pública do traballo.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)