Rematamos un curso e en espera do próximo, estreamos una nova directiva, na que hai algún cambio respecto a de este curso e que resultou da votación na asamblea do 8 de xuño. Agardamos seguir recollendo os vosos apoios, colaboracións, queixas, suxerencias e propostas na procura da mellora da educación dos nosos fillos e fillas.
Presidente: Marcos Pereira Lobariñas
Vicepresidenta: Fátima Fernández Longa
Secretaria: Giovanna Davila González
Tesorera: Gemma Pereira Álvarez
Encargado de comedor: Marcos Pereira Lobariñas
Representante da ANPA no Consello Escolar: María Mosteiro Pérez
Vogais: Natalia Caride Pérez
Jose Silva Camiña
María Mosteiro Pérez
E por suposto, dende aquí agradecer aos saíntes, Maica, Zeco e Jose, o seu traballo neste curso. Grazas pola vosa aportación, a vosa disposición e a vosa dedicación do voso tempo libre a esta tarea altruista que de seguro os peques e as súas familias agradeceron.
Amosando publicacións coa etiqueta ANPA b>. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta ANPA b>. Amosar todas as publicacións
xoves, 11 de xuño de 2015
xoves, 18 de setembro de 2014
ASÓCIATE!!!
E para
as familias que inda non vos fixestes socios da ANPA vos animamos a que o
fagades. Lembrade que a ANPA organiza a excursión dos nenos que rematan no
colexio; xestiona a aula matinal, o
comedor e as actividades extraescolares; colabora cos mestres en diferentes
celebracións coma o Nadal, convivencias…; organiza a festa de fin de curso para
os nenos con inchables, festa de escuma ou as piscinas; e organiza un banco de
libros coa participación de moitas familias co conseguinte aforro en material escolar.
TODOS OS PAIS/ NAIS ESTADES CONVIDADOS A PARTICIPAR, COLABORAR, SUXERIR, APORTAR…
TODOS OS PAIS/ NAIS ESTADES CONVIDADOS A PARTICIPAR, COLABORAR, SUXERIR, APORTAR…
luns, 15 de setembro de 2014
AVISOS DE COMEDOR
Recordar aos bolseiros de comedor que teñen que pasar por secretaría a asinar o documento para acceder á beca. Ademáis redordar que os bolseiros do comedor ao igual que os outros usuarios de comedor non bolseiros, teñen que facerse socios da Anpa e pagar o seguro escolar xa que se trata dun servizo xestionado pola ANPA do colexio.
Os nenos que ao final do curso anterior anotáronse para comedor e que non están vindo estes días, agradeceríamos avisaxen de se van vir este mes ou se comezan para o mes ou se é que non van usar o comedor, porque se están pedindo menús para nenos que non están quedando.
Por outra banda, recordar que inda que non se empregue o servizo de comedor, aula matinal ou actividades extraescolares hai outras razón polas que se facer socio da ANPA. Quizáis porque nalgún momento podes precisar destes servizos; porque a ANPA colabora na organización da excursión de fin de curso de 5º e 6º, na festa de final de curso, nas celebracións de Nadal...; porque a ANPA somos todos/as, pais e nais que xuntando forzas contribuímos ao enriquecimento e mellora da educación dos nosos fillos e fillas. Por todo isto , animámosvos a que vos asociedes.

Subscribirse a:
Publicacións (Atom)