Amosando publicacións coa etiqueta TEATRO. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta TEATRO. Amosar todas as publicacións

sábado, 13 de decembro de 2014

TEATRO MÉRCORES 17 DE DECEMBRO

Chegando as vacacións de Nadal, a ANPA organiza a última actividade deste ano 2014.
Está dirixida a todos os peques do cole, de primaria e infantil.
Trátase dunha obra de teatro cómica a cargo da Compañía Teatro Estepario que representarán "Teddy Bear". Os nenos e nenas poderán coñecer a unhas personaxes moi particulares...
A actividade é de 16 a 17:30: a obra dura uns 50 minutos e logo, os actores e actrices farán diferentes xogos teatrais con nenos e nenas.
Podedes anotar aos peques no local da ANPA, o mesmo día da actuación inclusive. Non hai límite de plazas e animamos a todos os nenos a disfrutar desta comedia.
Prezo: 2 euros.
Como sempre se algún pai ou nai quere asistir, por suposto,  estades convidados a disfrutar con vosos fillos/fillas.

http://teatroestepario.blogspot.com.es/
http://teatroestepario.blogspot.com.es/p/teddy-bear.html


 

mércores, 26 de novembro de 2014

ACTIVIDADES DA ANPA PARA DECEMBRO


MÉRCORES 3 DE DECEMBRO: Contacontos a cargo do Señor Gravata Torta, de 16 a 17 . Prezo: 1 euro por neno/a. Para nenos de Infantil e de 1º de Primaria.

 https://www.facebook.com/pages/O-Se%C3%B1or-Gravata-Torta-Contacontos/161521780612873?fref=ts






MARTES 9 E MÉRCORES 10 DE DECEMBRO: Obradoiro de respostería creativa, dúas galletas e dous cupcakes, con temática navideña. Plazas limitadas, 15 nenos/as cada día. Plazo para anotarse o  venres 5 de decembro. Prezo: 7 euros. Para todos os cursos. De 16 a 17:30.

https://www.facebook.com/pages/Valentina-Ideas-Dulces/302075196669733?fref=ts




MÉRCORES 17 DE DECEMBRO: Obra de teatro a cargo da Compañía Teatro Estepario que representarán "Teddy Bear". De 16 a 17:30. Para todos os cursos. Prezo: 2 euros.

http://teatroestepario.blogspot.com.es/

 
 
Coma sempre, as actividades que organizamos os país e nais a través da Anpa, están dirixidas a nenos e nenas de familias socias da Anpa, que está cubertos polo seguro escolar anual.