Amosando publicacións coa etiqueta ASAMBLEA. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta ASAMBLEA. Amosar todas as publicacións

sábado, 26 de novembro de 2016

BREVE RESUMO DA ASAMBLEA DO 21/11/2016

Aquí tendes un moi breve resumo dalgunhas cousas que se acordaron ou debatiron nesta asamblea.
COMEDOR:
- Os monitores/as de comedor van realizar partes de incidencias diariamente, informaranse dos mesmos ás familias e pasaranse á Dirección do centro para que tome as medidas oportunas, todo isto, co fin de mellorar a convivencia e reducir no posible as conductas contrarias á mesma.
- Vaise estudar a posibilidade de insonorizar a superficie do comedor no que se detecta un forte eco.
- Recórdadase que a recollida dos nenos/as non pode ser antes das 15 horas, por motivos organizativos.
- Comunicar sempre ás monitoras cando recolladas aos nenos/as do comedor.
- Recolléronse varias queixas de país e nais sobre o servizo que van ser atendidas.

EXTRAESCOLARES:
. Recolleuse unha incidencia que xa foi atendida.
- Proponse levar a cabo alguna actividade conxunta familias-nenos.
- Alábase a labor de María no servizo de matinal e nas súas extraescolares.

CENTRO
- A dirección transmítenos a intención de levar a cabo as accións pertinentes que considere, para mellorar a convivencia do centro polo que pide a colaboración da ANPA e de todas as familias para trasnmitirlle todas as incidencias detectadas. A directiva da Anpa amosa total colaboración e apoio co centro neste aspecto.
- Estase a realizar una recollida de sinaturas para solicitar á Administarción Educativa a necesidade dun mestre de apoio para Infantil.  Cloborade pasando pola Anpa para asinar.

OUTROS ASUNTOS
- A finais do presente curso, o actual presidente da Anpa , e a tesoreira, deixarán o seu cargo. Calquera nai ou pai que desexe formar parte da Anpa pode pasar polo local a interesarse polas xestións que se levan a cabo para facerse cargo delas. Animámosvos a participar para poder seguir a xestionar a Aula Matinal, o Comedor e as Extraescolares.

xoves, 15 de xaneiro de 2015

ASAMBLEA EXTRAORDINARIA


Estimadas familias:

Convocámosvos a unha Asamblea Extraordinaria para o vindeiro mércores 21 de xaneiro de 2015, ás 16 horas coa seguinte orde do día:

1.       Lectura e aprobación, se procede, da acta da sesión anterior.

2.       Información aos pais e nais do dito na asamblea de Foanpas do mércores 14 de xaneiro, relativa aos comedores escolares de cara ao próximo curso.

3.       Votación da postura da Anpa do Ceip Valle Inclán para a próxima asamblea de Foanpas.

4.       Outros asuntos.

5.       Rogos e preguntas.

Rogamos a asistencia de todas as familias debido a importancia da temática a tratar.

                                                                                                                             A Xunta Directiva da ANPA.

martes, 14 de outubro de 2014

ASAMBLEA LUNS 20 OUTUBRO


Estimadas familias:

Convocámosvos a una Asamblea Xeral Ordinaria da ANPA para o vindeiro luns 20 de outubro de 2014, ás 16 horas, no comedor do colexio, coa seguinte orde do día:

1.       Lectura e aprobación, se procede, da acta da sesión anterior.

2.       Estado das contas.

3.       Aula matinal.

4.       Comedor.

5.       Actividades extraescolares.

6.       Cese e elección de novo/a secretario/a.

7.       Outros asuntos.

8.       Rogos e preguntas.

Rogamos a asistencia de todas as familias.

                                                                                              A Xunta Directiva da ANPA.