Amosando publicacións coa etiqueta JUMPING CLAY. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta JUMPING CLAY. Amosar todas as publicacións

venres, 4 de decembro de 2015

OBRADOIRO DE JUMPING CLAY

Aquí tendes algunas fotos que fixeron algúns dos papis e mamis que estiveron de guardia nos obradoiros de Jumping Clay desta semana. Fixeron un papá Noel para colgar da árbore de Nadal.
Click to play this Smilebox slideshow
Create your own slideshow - Powered by Smilebox
This digital slideshow created with Smilebox

luns, 6 de abril de 2015

OBRADOIROS MES DE ABRIL

Para comenzar con bo pé neste terceiro trimestre a na primavera, dende a Anpa, ofrecemos a posibilidade de participar aos nenos e nenas de familias socias,  neste mes de abril, nos seguintes obradoiros:
 
JUMPING CLAY. Martes 14 ou mércores 15. Neste caso, un obradoiro especial, no que os peques farán un marco de fotos. Dirixido a todo o alumnado, tanto de infantil coma de primaria. De 16.30 a 17.30 (membros da ANPA faranse cargo dos peques que queiran quedarse do servizo de comedor, de 16 a 16:30 ata que dé comezo a actividade). Prezo: 4 euros 
Este será o cuarto obradoiro de Jumping Clay neste curso. Podedes ver fotos dos anteriores: a eiruga (marzo), folla de outono(novembro), vampiro (outubro).

facebook Jumping Clay Vigo
 
 
SESIÓN DE CONTACONTOS  do SEÑOR GRAVATA TORTA especialmente dirixido para os máis pequenos do cole pero por suposto aberto a todas as idades. O mércores 22 de abril de 16 a 17 horas. Xa tivemos una ocasión de disfrutar dos seus contos e xogos . Prezo: 2 euros. Podedes ver as fotos: contacontos(decembro)

facebook Gravata Torta
 
 
 
 
OBRADOIRO DE REPOSTERÍA CREATIVA o martes 28 ou mércores 29 de abril de 16 a 17:30, esta vez coa temática da primavera. Tanto para infantil coma primaria. Prezo 7 euros. Podedes ver as fotos dos talleres anteriores aquí: febreiro, decembro, novembro 1, novembro 2, outubro, outubro 2.

facebook Valentina Ideas Dulces


Para anotar aos vosos peques pasade polo local da ANPA. E coma sempre agradecemos toda a vosa colaboración e propostas. Se se vos ocurre alguna idea, obradoiro, o que sexa que poida ser do interese dos nenos e nenas non dubidedes de dicilo.