Amosando publicacións coa etiqueta FESTA FIN DE CURSO. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta FESTA FIN DE CURSO. Amosar todas as publicacións

domingo, 12 de xuño de 2016

FESTA DE FIN DE CURSO DA ANPA

SÁBADO 18 DE ABRIL. DE 12 A 18 HORAS.

DESTINADO AOS NENOS E NENAS DO COLEXIO VALLE INCLÁN E OS SEUS PAIS.

ESTE ANO NON HAI QUE PAGAR ENTRADA XA QUE NON SE INCLÚE A MERENDA COMA O CURSO PASADO. PODEDES TRAER A COMIDA OU MERENDA E FACER UN PICNIC NO PRECIOSO XARDÍN DO COLE.

HABERÁ INCHABLES, FESTA DE ESCUMA, INCHABLE DE AUGA E ANIMACIÓN MUSICAL A CARGO DA EMPRESA ANIMAR-T.

A ANPA PORÁ UNHA PEQUENA CANTINA CON VENDA DE BEBIDA FRÍA E ALGÚNS SNACKS. PODEDES COLABORAR TRAENDO ALGO QUE PODAMOS POR Á VENDA.

WEB ANIMAR-T






martes, 23 de xuño de 2015

FESTA DE FIN DE CURSO DA ANPA 2015

O domingo 21 de xuño celebramos a nosa festa de fin de curso. Houbo  inchables, tobogán de auga e festa de espuma. Ademáis puidemos degustar una merenda exquisita: empanadas, pizzas recén feitas, torta de nata...
 Grazas ás familias que colaboraron con nós dalgunha maneira: traendo unha neveira, donando a cesta de froitas e as camisetas que se sortearon entre os asistentes, axudando a recoller e limpar, traendo viandas para a cantina, atendendo na cantina, axudando a preparar a merenda, xestinando os pedidos ás pizzerías e ás panaderías, poñendo un difusor de auga para que se refrescaran os/as peques, axudando a arranxar o cañón da espuma.... De todo corazón: MOITAS GRAZAS.

Pois agora tendes por diante un verán para disfrutar coas vosas familias compartindo un montón de experiencias que é o que máis enriquece e da valor as nosas vidas.
Séde felices e sorride moito!!!!
Apertas!
Vémonos á volta en setembro con un montón de enerxía e un montón de historias para compartir, tanto papis, mamis e peques.

FELICES VACACIÓN DE VERÁN!!

Aquí vos deixamos algunas fotos para que recordedes o ben que o pasamos.
Click to play this Smilebox slideshow


E se queredes recordar a festa de fin de curso da ANPA de 2014 pinchade AQUÍ



 

domingo, 31 de maio de 2015

FESTA FIN DE CURSO DA ANPA

DOMINGO 21 DE XUÑO. De 14 a 20 horas

Está moi próximo o fin de curso e a ANPA xa ten perfilada a festa para celebralo con todos os nenos e nenas do cole e os seus pais e nais. Como xa se informou a os pais e nais na asamblea do mércores 20 de maio, contratouse xa fai tempo a animación da empresa Animarte que vai pór a disposición dos asistentes tres hinchables e un hinchable de auga. Ademáis remataremos a xornada cunha festa da espuma. Todas estas actividades contarán con  monitores da empresa que velarán polo correcto uso dos mesmos e organizarán as subidas e baixadas dos peques para un mellor disfrute e seguridade.
Aparte disto, membros da ANPA encargaranse de preparar e organizar unha merenda para todos os asistentes incluída no prezo da entrada.
Haberá cantina con refrescos. Se algún pai ou nai quere colaborar con algún producto para vender na cantina agradecémolo (tartas, biscoitos...)
Asimesmo se coñecedes algunha empresa que queira colaborar coa ANPA para as festa poñédevos en contacto con nós. (un vale para algún servizo de perruquería, una vale para unha tenda,  algún agasallo, a donación de productos para a merenda...)


- De 14:00 a 17.00: Súper parque de bolas, Pista Americana e Mega Rampa.


-17:00: Merenda para todos os asistentes


-De 16.00 a 19.00: Tobogán de auga crocodrilo.


-De 19.00 a 20.00: Festa da espuma.

 
 
Advertencias da empresa de animación, Animarte: os nenos non poden tirarse polos hinchables sen camiseta nin pantalóns (agás os de auga) polo risco de queimaduras; non se pode usar o hinchable de auga coa festa de espuma polo risco de esvaramento.
 
No caso de choiva non poderán instalarse os hinchables no exterior e a festa cambiará na súa oferta e organización.





E se queredes recordar as fotos da festa do curso pasado...preme aquí
Foi a inauguración deste blog!!!
 
 
Xa están a venda no local da ANPA as entradas para a festa ao prezo de 3 euros para os membros das familias socias (pais, nais e fillos) e de 6 euros para non socios.

martes, 24 de xuño de 2014

FESTA FIN DE CURSO DA ANPA. 2014.


OLA E BENVIDOS AO BLOG DA ANPA DO CEIP VALLE INCLÁN DE VIGO!!!
Esperamos que vos guste a idea de ter un blog coma unha forma máis de comunicarnos. Iremos pouco a pouco completándoo e por suposto aceptamos todo tipo de propostas. 
Aquí tendes unha escolma de fotos da recente festa de fin de curso que organizou a ANPA para o desfrute de todos os nenos e nenas o domingo 22 de xuño.  Paella, inchables, piscina, espuma, frigolosinas...
Click to play this Smilebox slideshow