Amosando publicacións coa etiqueta recollida de sinaturas. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta recollida de sinaturas. Amosar todas as publicacións

sábado, 26 de novembro de 2016

RECOLLIDA DE SINATURAS

O noso colexio dispón na actualidade de tres aulas de infantil e seis de primaria , pero no catálogo da Xunta só ten recoñecidas dous en Infantil, e cinco en Primaria, o que repercute negativamente na educación dos nosos fillos:
- moito profesorado non é definitivo, e cambia anualmente
- non mandan ao mestre de apoio de Infantil que nos debería corresponder

Solicitaremos una entrevista con Xefatura territorial para demandar a ese mestre de apoio en Infantil e o recoñecemento no catálogo da Xunta, dunha unidade máis, tanto en Infantil coma en Primaria.

NECESITAMOS A VOSA COLABORACIÓN. PASADE POLA ANPA PARA ASINAR A NOSA PETICIÓN ANTES DO DÍA 2/12/16.