venres, 27 de febreiro de 2015
CHARLA NO COLEXIO PARA PAIS E NAIS
LUNS 2 DE MARZO
DE 16 A 17:30
LUGAR : NO COLE
TÍTULO:AUTOESTIMA"
OBXECTIVOS:
DE 16 A 17:30
LUGAR : NO COLE
TÍTULO:AUTOESTIMA"
OBXECTIVOS:
- TOMAR CONCIENCIA DA IMPORTANCIA DE QUE OS NOSOS FILLOS/AS TEÑAN UNHA BOA AUTOESTIMA
- REFLEXIONAR SOBRE OS SENTIMENTOS QUE CONFORMAN A IMAXE PERSOAL DOS NENOS E NENAS
- AXUDAR A OS NOSOS FILLOS/AS A MELLORAR A SÚA AUTOESTIMA
mércores, 25 de febreiro de 2015
martes, 24 de febreiro de 2015
AVISOS E NOVAS DO SERVIZO DE COMEDOR
Na reunión do equipo directivo do
colexio coa directiva da ANPA decidiuse modificar o horario de recollida dos
nenos/as do servizo de comedor que pasará a ser a partires do luns 2 de marzo, a partir das 15.30, hora tamén na
que as monitoras de comedor abrirán o portalón que da acceso ao aparcamento.
Antes desa hora, as 15:30, non se
entregarán nenos/as, agás por alguna circunstancia puntual e de forza maior.
Recordar tamén aos usuarios de
comedor a necesidade de avisar á ANPA
cando o neno/a non vai facer uso do comedor. Isto pode facerse o día
anterior ou antes das 9 do mesmo día, chamando ao responsable do comedor da ANPA ( Jose, 636492977) ou avisando no local da ANPA, para así poder
anular ese menú e non estar pagando menús innecesarios, ou o que é peor, estár
tirando comida nestes momentos nos que moitas familias están a pasar serias
dificultades.
Recordamos tamén que os becados de comedor teñen a obriga de
asistir ao mesmo. As faltas de asistencia non xustificadas poden acarrear a
pérdida da beca. Recordade que tanto a ANPA coma o colexio deben informar ao
concello das faltas de asistencia.
Por outra banda, dispoñemos na Anpa dunha autorización
na que os pais/nais /titores dos nenos/as
maiores que desexen que os alumno/a poda voltar só ou soa a casa, sen a
recollida por un adulto, tanto na saída do comedor como das actividades
extraescolares, deberán ter asinada. Sen esta autorización, válida para o
curso presente, 2014 /2015, non se deixará saír a ningún neno/a sen a recollida
por un adulto.
Recordar tamén que no “Reglamento
de Réxime Interno” do Colexio, aprobado polo Consello Escolar, contémplase a necesidade de cumprir coas
normas de convivencia no comedor, polo que as conductas non acordes a este (pelexas,
faltas de respeto, desperfectos…) poderán ser obxecto de reprimendas, que
segundo a súa gravidade poden conlevar nos casos graves ou repetitivos, a
expulsión do servizo de comedor.
OBRADOIRO DE JUMPING CLAY DE MARZO.
Dende a Anpa do Ceip Valle Inclán vos informamos da realización
dun taller no colexio o MARTES 3 E MÉRCORES 4 de marzo de Jumping Clay,
de 16:30 a 17:30 (os nenos/as que se
anotan e que sexan de comedor quedarán en todo momento baixo a supervisión de
membros da ANPA tamén das 16 ás 16:30, como xa se fixo nos anteriores). Será
impartido por monitores/as de Jumping Clay Vigo e o prezo con todo o material
incluído é de 4 euros. Poderán anotarse os nenos/as de todos os cursos e que
sexan de familias socias da ANPA. Para asistir podedes anotar aos nenos/as e facer o pago á ANPA no seu local.
martes, 17 de febreiro de 2015
sábado, 14 de febreiro de 2015
OBRADOIRO DE CUPCAKES DO MÉRCORES 11 DE FEBREIRO
NO COMEDOR DO COLE A ANPA ORGANIZOU POLA TARDE, UN OBRADOIRO DE CUPCAKES, O MARTES E MÉRCORES 10 E 11 DE FEBREIRO, COA TEMÁTICA DE SAN VALENTÍN. VOS POÑEMOS UNHAS FOTOS DO MÉRCORES, DEUSE A MALA COINCIDENCIA DE QUE O MARTES NINGUÉN FIXO FOTOS.
O OBRADOIRO FOI IMPARTIDO POR ANA, DE VALENTINA IDEAS DULCES
O OBRADOIRO FOI IMPARTIDO POR ANA, DE VALENTINA IDEAS DULCES
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)


