mércores, 15 de abril de 2015

FESTA FIN DE CURSO DA ANPA

Informamosvos que a festa de fin de curso organizada pola Anpa no colexio será o domingo 21 de Xuño. Haberá inchables, festa de espuma, merenda e piscina de bolas. Xa vos iremos informando pero reservade xa a data nas vosas axendas.

FÚTBOL SALA. MARTES 14 DE ABRIL












OBRADOIRO DE JUMPING CLAY. MARTES 14 DE ABRIL.


























AXUDAS PARA O COMEDOR

Xa mandaron dende o colexio información relativa as axudas do Concello de Vigo para o comedor e para libros e material escolar para o curso que ven, o 2015/2016. Engadimos este enlace con toda a información:
Mais información aquí
Información
documentos

luns, 6 de abril de 2015

OBRADOIROS MES DE ABRIL

Para comenzar con bo pé neste terceiro trimestre a na primavera, dende a Anpa, ofrecemos a posibilidade de participar aos nenos e nenas de familias socias,  neste mes de abril, nos seguintes obradoiros:
 
JUMPING CLAY. Martes 14 ou mércores 15. Neste caso, un obradoiro especial, no que os peques farán un marco de fotos. Dirixido a todo o alumnado, tanto de infantil coma de primaria. De 16.30 a 17.30 (membros da ANPA faranse cargo dos peques que queiran quedarse do servizo de comedor, de 16 a 16:30 ata que dé comezo a actividade). Prezo: 4 euros 
Este será o cuarto obradoiro de Jumping Clay neste curso. Podedes ver fotos dos anteriores: a eiruga (marzo), folla de outono(novembro), vampiro (outubro).

facebook Jumping Clay Vigo
 
 
SESIÓN DE CONTACONTOS  do SEÑOR GRAVATA TORTA especialmente dirixido para os máis pequenos do cole pero por suposto aberto a todas as idades. O mércores 22 de abril de 16 a 17 horas. Xa tivemos una ocasión de disfrutar dos seus contos e xogos . Prezo: 2 euros. Podedes ver as fotos: contacontos(decembro)

facebook Gravata Torta
 
 
 
 
OBRADOIRO DE REPOSTERÍA CREATIVA o martes 28 ou mércores 29 de abril de 16 a 17:30, esta vez coa temática da primavera. Tanto para infantil coma primaria. Prezo 7 euros. Podedes ver as fotos dos talleres anteriores aquí: febreiro, decembro, novembro 1, novembro 2, outubro, outubro 2.

facebook Valentina Ideas Dulces


Para anotar aos vosos peques pasade polo local da ANPA. E coma sempre agradecemos toda a vosa colaboración e propostas. Se se vos ocurre alguna idea, obradoiro, o que sexa que poida ser do interese dos nenos e nenas non dubidedes de dicilo.

domingo, 5 de abril de 2015

PROCESO DE ADMISIÓN DE NOVOS ALUMNOS/AS NO CEIP VALLE INCLÁN PARA O CURSO 2015/2016

Rematado o prazo de preinscripción, vos recordamos as datas dos seguintes pasos a seguir para matricular a un neno/a novo/a no cole para o curso que ven:
Antes do 25 de Abril, o colexio ten que publicar a listaxe provisional dos nenos/as admitidos/as.
Antes do 15 de Maio, o colexio ten que publicar a listaxe definitiva cos nenos e nenas admitidos/as.
Do 20 ao 30 de Xuño, tendes que vir polo cole a formalizar a matrícula, tanto para infantil coma para primaria.

MENÚ COMEDOR ABRIL