luns, 12 de setembro de 2016

EXTRAESCOLARES CURSO 2016/2017


ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES CURSO 16 / 17



(A data límite para anotarse é o XOVES 22 de setembro)



NATACIÓN. Dirixido ao alumnado de Infantil e Primaria. Realízase na piscina de Lavadores. Os nenos teñen que ir pola súa propia conta cun adulto. Luns ou xoves de 16 a 16:45. Prezo: 29,60 euros por cuatrimestre.(1º cuatrimestre:outubro, novembro , decembro e xaneiro. 2º cuatrimestre: febreiro, marzo, abril e maio)



BAILE MODERNO. Dirixido ao alumnado de Infantil e Primaria. Dous grupos, pequenos e maiores. Luns de 16 a 17 horas. Prezo: 15 euros / mes.  



FÚTBOL SALA. Dirixido ao alumnado de primaria. Martes de 16 a 17 horas. Prezo: 15 euros / mes.



EDUCACIÓN EMOCIONAL. Dirixido ao alumnado de Infantil e Primaria. Martes de 16 a 17 horas. Prezo: 15 euros / mes.



MULTIDEPORTE PRIMARIA. Dirixido ao alumnado de Primaria. Mércores de 16 a 17 horas. Prezo: 15 euros / mes.



MULTIDEPORTE INFANTIL Dirixido ao alumnado de Infantil. Xoves de 16 a 17 horas. Prezo: 15 euros / mes.



XADREZ. Dirixido ao alumnado de Primaria. Xoves de 16 a 17 horas. Prezo: 13 euros / mes


Os nenos poderán anotarse a todas as actividades que así o desexen. As actividades comezan en outubro.A data límite para anotarse é o XOVES 22 de setembro. Horario de atención da ANPA: de 9 a 9: 30. Podedes facer uso do buzón da ANPA, na primeira porta de entrada ao cole. O pago realízase nos primeiros días de cada mes no local da Anpa ou por TRANSFERENCIA, especificando no concepto o nome da actividade, mes e nome do alumno . Nº de conta: 0049 6191 52 2416027776. Se algún neno quere darse de baixa nalgunha actividade deberá avisar con antelación o mes anterior.






Ningún comentario:

Publicar un comentario