martes, 24 de febreiro de 2015

OBRADOIRO DE JUMPING CLAY DE MARZO.


Dende a Anpa do Ceip Valle Inclán vos informamos da realización dun taller no colexio o MARTES 3 E MÉRCORES 4 de marzo de Jumping Clay, de 16:30 a 17:30 (os nenos/as que se anotan e que sexan de comedor quedarán en todo momento baixo a supervisión de membros da ANPA tamén das 16 ás 16:30, como xa se fixo nos anteriores). Será impartido por monitores/as de Jumping Clay Vigo e o prezo con todo o material incluído é de 4 euros. Poderán anotarse os nenos/as de todos os cursos e que sexan de familias socias da ANPA. Para asistir podedes anotar aos nenos/as e facer o pago á ANPA no seu local. 

Ningún comentario:

Publicar un comentario