sábado, 26 de novembro de 2016

BREVE RESUMO DA ASAMBLEA DO 21/11/2016

Aquí tendes un moi breve resumo dalgunhas cousas que se acordaron ou debatiron nesta asamblea.
COMEDOR:
- Os monitores/as de comedor van realizar partes de incidencias diariamente, informaranse dos mesmos ás familias e pasaranse á Dirección do centro para que tome as medidas oportunas, todo isto, co fin de mellorar a convivencia e reducir no posible as conductas contrarias á mesma.
- Vaise estudar a posibilidade de insonorizar a superficie do comedor no que se detecta un forte eco.
- Recórdadase que a recollida dos nenos/as non pode ser antes das 15 horas, por motivos organizativos.
- Comunicar sempre ás monitoras cando recolladas aos nenos/as do comedor.
- Recolléronse varias queixas de país e nais sobre o servizo que van ser atendidas.

EXTRAESCOLARES:
. Recolleuse unha incidencia que xa foi atendida.
- Proponse levar a cabo alguna actividade conxunta familias-nenos.
- Alábase a labor de María no servizo de matinal e nas súas extraescolares.

CENTRO
- A dirección transmítenos a intención de levar a cabo as accións pertinentes que considere, para mellorar a convivencia do centro polo que pide a colaboración da ANPA e de todas as familias para trasnmitirlle todas as incidencias detectadas. A directiva da Anpa amosa total colaboración e apoio co centro neste aspecto.
- Estase a realizar una recollida de sinaturas para solicitar á Administarción Educativa a necesidade dun mestre de apoio para Infantil.  Cloborade pasando pola Anpa para asinar.

OUTROS ASUNTOS
- A finais do presente curso, o actual presidente da Anpa , e a tesoreira, deixarán o seu cargo. Calquera nai ou pai que desexe formar parte da Anpa pode pasar polo local a interesarse polas xestións que se levan a cabo para facerse cargo delas. Animámosvos a participar para poder seguir a xestionar a Aula Matinal, o Comedor e as Extraescolares.

Ningún comentario:

Publicar un comentario