xoves, 1 de outubro de 2015

Queixa ao Concello

A ANPA do Ceip Valle Inclán, expresou a súa queixa ao concello por non cubrir o posto de porteiro vixiante no Colexio, estando o titular da praza, Juan,  de baixa médica dende que empezou o curso. É unha necesidade imperante no centro polas propias características do mesmo: dado o escaso número de Mestres dos que dispón o centro, élles moi difícil compaxinar a atención docente co apertura de portas, tanto nas entradas e saídas , coma durante a mañá; xorden imprevistos que sempre teñen que ser resoltos polo profesorado, tales coma o bloqueo do portalón eléctrico; tamén é función agora dos Mestres atender ás saídas e entradas dos alumnos durante a mañá para consultas médicas, indisposicións...; as vallas do patio infantil quedaron sen arranxar e sen colocar; as empresas dependentes do Concello para o seu mantenemento, coma a revisión da alarma, a lectura de contadores ou a caldeira, teñen que estar sendo atendidos pola dirección do centro que ten que deixar de atender a súa labor docente en moitos casos; é necesario cortar o céspede e retirar ramas que son perigosas para o alumnado.
Crendo que son razóns suficientes, solicitamos que se cubra o posto de porteiro vixiante no centro na maior brevedade posible.


Ningún comentario:

Publicar un comentario