mércores, 21 de xaneiro de 2015

RESULTADO DA VOTACIÓN NA ASAMBLEA EXTRAORDINARIA DO MÉRCORES 21 DE XANEIRO

Dende fai anos a Federación Olívica de ANPAS (FOANPAS) á que pertencemos, ven reclamando da Xunta a asunción da administración e xestión de todos os comedores escolares dos colexios públicos da cidade de Vigo. No Decreto de Comedores de 2013 a Xunta comprometeuse a asumir a xestión dos mesmos de forma progresiva, pero sen concretar prazos.
Nos dous últimos anos houbo varios intentos de tomar como medida de presión o ABANDONO da xestión das anpas en bloque. A Federación quere tomar unha DETERMINACIÓN neste tema, facendo unha VOTACIÓN VINCULANTE na que as anpas decidiremos se queremos seguir ou non coa xestión dos nosos comedores para o próximo curso 2015/2016.
Por iso convocamos esta asamblea, para tomar unha decisión, cun resultado tamén vinculante, que será levado como postura do noso colexio á federación.
O resultado das votacións dos asistentes  á asamblea foi, por maioría, de continuar coa xestión do comedor por parte da ANPA e non ceder a mesma á Xunta.
Aproveitamos a ocasión para denunciar a deixadez da Administración, que aprópiase do tempo e boa vontade dos pais e nais dos alumnos e alumnas para conseguir unha xestión totalmente gratuíta, quitándonos tempo e esforzos para a procura de outro tipo de actividades para os nosos nenos/as. 

 

Ningún comentario:

Publicar un comentario