sábado, 13 de decembro de 2014

TEATRO MÉRCORES 17 DE DECEMBRO

Chegando as vacacións de Nadal, a ANPA organiza a última actividade deste ano 2014.
Está dirixida a todos os peques do cole, de primaria e infantil.
Trátase dunha obra de teatro cómica a cargo da Compañía Teatro Estepario que representarán "Teddy Bear". Os nenos e nenas poderán coñecer a unhas personaxes moi particulares...
A actividade é de 16 a 17:30: a obra dura uns 50 minutos e logo, os actores e actrices farán diferentes xogos teatrais con nenos e nenas.
Podedes anotar aos peques no local da ANPA, o mesmo día da actuación inclusive. Non hai límite de plazas e animamos a todos os nenos a disfrutar desta comedia.
Prezo: 2 euros.
Como sempre se algún pai ou nai quere asistir, por suposto,  estades convidados a disfrutar con vosos fillos/fillas.

http://teatroestepario.blogspot.com.es/
http://teatroestepario.blogspot.com.es/p/teddy-bear.html


 

Ningún comentario:

Publicar un comentario