martes, 1 de xullo de 2014

CALENDARIO ESCOLAR CURSO 2014/2015

O pasado xoves 26 de xuño publicouse no DOGA a ORDE  pola que se aproba o calendario escolar para o curso 2014/15 nos centros docentes sostidos con fondos públicos na Comunidade Autónoma de Galicia. Aquí tendes o anlace o DOGA con toda a información.

O máis salientable é:

  • No 2º ciclo de educación infantil, na educación especial e na educación primaria, a impartición efectiva de clases realizarase do día 10 de setembro de 2014 ao 19 de xuño de 2015, ambos inclusive.
  • Os comedores escolares funcionarán en educación primaria desde o día 10 de setembro de 2014 ata o 19 de xuño de 2015.
  • Períodos de vacacións
    1. Nadal: desde o día 22 de decembro de 2014 ata o día 7 de xaneiro de 2015, ambos inclusive.
    2. Entroido: días 16, 17 e 18 de febreiro de 2015.
    3. Semana Santa: desde o día 30 de marzo ata o 6 de abril de 2015, ambos inclusive.
  • Serán días non lectivos tamén os festivos estatais e os locais;  hai que engadirlle o de libre elección do centro por coincidir un festivo local en día non lectivo (coma todos os cursos).
  • Establécese o Día do Ensino, non lectivo, para este curso 2014/15 o 31 de outubro de 2014.

Ningún comentario:

Publicar un comentario